Bronisław Malinowski
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Bronisław Kasper Malinowski, nado en Cracovia (Polonia) o 7 de abril de 1884 e finado o 16 de maio de 1942, foi un antropólogo polaco.
Traxectoria
editarNaceu en Cracovia (Polonia) cando formaba parte da provincia austrohúngara Reino de Galicia e Lodomeria, nunha familia de clase media alta, o seu pai era profesor e a súa nai era filla dun terratenente.
Dende 1910, Malinowski estudou economía na London School of Economics, dándolle clases Seligman e Westermarck, analizando os patróns de cambio na Australia aborixe mediante documentos etnográficos. En 1914 déronlle a oportunidade de viaxar a Nova Guinea co antropólogo R.R. Marett, pero como estalou a primeira guerra mundial e Malinowski era austríaco, inimigo da Commonwealth británica, non puido realizar a súa viaxe de volta de Inglaterra. O goberno australiano, con todo, deulle permiso e fondos para realizar un traballo etnográfico nos seus territorios e Malinowski escolleu ir ás illas Trobriand (Melanesia) onde permaneceu varios anos, estudando a cultura indíxena. Tras o seu regreso a Inglaterra despois da guerra, publicou Argonauts of the Western Pacific (1922). Foi conferenciante e máis tarde comezou a dar clases de antropoloxía na London School of Economics, atraendo un gran número de estudantes e exercendo grande influencia sobre o desenvolvemento da British Social Anthropology. Entre os seus alumnos estaban antropólogos prominentes como Raymond Firth, E. E. Evans-Pritchard, Hortense Powdermaker, Edmund Leach, Audrey Richards e Meyer Fortes. Desde 1933, visitou varias universidades americanas e cando estalou a segunda guerra mundial, decidiu quedar en Yale. Alí permaneceu o resto da súa vida, influíndo a unha xeración de antropólogos americanos.
Pensamento
editarMalinowski está considerado un dos etnógrafos máis expertos da antropoloxía, especialmente polo seu metódico e ben teorizado estudo dos sistemas sociais. É o primeiro investigador en incorporar a antropoloxía "off terraza" (unha frase que é tamén o nome dun documental sobre o seu traballo), é dicir, experimentando a vida cotiá dos seus observados xunto con eles. Malinowski salientou a importancia da observación detallada participante e argumentou que os antropólogos deben ter contacto diario cos seus informantes se están facendo adecuadamente os "Imponderabilia da vida cotiá", que son tan importantes para a comprensión dunha cultura diferente.
Obras
editar- The family among the Australian Aborigines: a sociological study, 1913.
- Argonauts of the Western Pacific: An account of native enterprise and adventure in the Archipelagoes of Melanesian New Guinea, 1922.
- Mutterrechtliche Familie und Ödipus-Komplex. Eine psychoanalytische Studie, 1924.
- Myth in primitive psychology, 1926.
- Crime and custom in savage society, 1926.
- Sex and Repression in Savage Society, 1927.
- The Sexual Life of Savages in North-Western Melanesia. An Ethnographic Account of Courtship, Marriage, and Family Life Among the Natives of the Trobriand Islands, British New Guinea, 1929.
- Coral gardens and their magic, 1935.
- A Scientific Theory of Culture and Others Essays, 1944.
- The Dynamics of Culture Change: An Inquiry Into Race Relations in Africa, 1946.
- Freedom & Civilization, 1947.
- Magic, Science and Religion and Other Essays, 1948.
- Sex, Culture, and Myth, 1962.
- A Diary in the Strict Sense of the Term, 1967.
- The early writings, 1993.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bohannan, Paul (2010). Para raros, nosotros. Introducción a la antropología cultural. Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-0664-0.