Bronisław Komorowski

Bronisław Maria Komorowski, nado en Oborniki Śląskie o 4 de xuño de 1952[1], é un político polaco, e Presidente en funcións de Polonia[2] tras o falecemento de Lech Kaczynski o 10 de abril de 2010 nun accidente de aviación, segundo o disposto na constitución de Polonia na súa calidade de Presidente do Parlamento no momento do falecemento do titular no cargo.[3] Sería escollido en eleccións presidenciais o 20 de xuño, con segunda volta o 4 de xullo do mesmo ano. Formalmente é presidente de Polonia desde o 6 de agosto.

Bronisław Komorowski
Bronisław Komorowski
Bronisław Komorowski

Flag of the President of Poland.svg
Presidente de Polonia (en funcións)
Actualmente no cargo
Dende o 10 de abril de 2010
Precedido por Lech Kaczynski

Datos persoais
Nacemento 4 de xuño de 1952 (69 anos)
Polonia Polonia, Oborniki Śląskie
Profesión historiador, político
Alma máter Universidade de Varsovia

TraxectoriaEditar

Militou na Unión Democrática (Unia Demokratyczna), Alianza da Liberdade (Unia Wolnośći), Partido Conservador-Popular(Stronnictwo Konserwatywno-Ludowe). Actualmente é un dos lideres da Plataforma Cívica, de centro dereita liberal e europeísta.

Procedente dunha familia nobre polaca, durante a época comunista foi membro do Scout, onde xa se destacou pola súa oposición ao réxime. Traballou como xornalista e editor, dende cuxa posición publicou textos críticos co comunismo, o que lle supuxo sufrir prisión durante gran parte dos anos 80. Nesta época, xa estaba unido ao movemento Solidariedade liderado por Lech Walesa.

Tras a caída do réxime do xeneral Wojciech Jaruzelski (1989) e coa chegada da democracia foi deputado e posteriormente Ministro de Defensa (2000-2001), no goberno liderado por Jerzy Buzek. Tras as últimas eleccións lexislativas (2007) e o triunfo de Plataforma Cívica, foi nomeado presidente o Parlamento polaco.

O 10 de abril de 2010, a consecuencia do falecemento do Presidente Lech Kaczynski nun accidente de aviación en Smolensk (Rusia), asumiu o cargo de Presidente de Polonia en funcións, na súa calidade de presidente do lexislativo, de acordo coas disposicións constitucionais, coa obrigación de exercer o cargo de maneira interna até a convocatoria de novas eleccións presidenciais no prazo máximo de 2 meses.

Predecesor:
Lech Kaczyński
Presidente de Polonia
10 de abril8 de xullo de 2010
Sucesor:
Bogdan Borusewicz
Predecesor:
Grzegorz Schetyna
Presidente de Polonia
6 de agosto de 2010 - Actualidade
Sucesor:
No cargo

NotasEditar

  1. "Biuletyn Informacji Publicznej Instytutu Pamięci Narodowej". katalog.bip.ipn.gov.pl. Consultado o 2019-05-12. 
  2. "Bronislaw Komorowski, un ambicioso presidente en funcións". El Mundo. 10-4-2010. Consultado o 11-4-2010. 
  3. "Polonia convoca elecciones presidenciales tras la muerte de Kaczynski". El País. 10-4-2010. Consultado o 11-4-2010. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar