Accidente do Tu-154 da Forza Aérea de Polonia

O 10 de abril de 2010, un Tupolev Tu-154 do 36o Rexemento de Aviación Especial que levaba ao Presidente de Polonia Lech Kaczynski estrelouse no aeroporto de Smolensk preto de Pechersk próximo a Smolensk, Rusia, sen rexistrarse superviventes.

Accidente da Forza Aérea Polaco Tu-154
Tupolev Tu-154M Poland - Air Force.jpg
Avión PL Tu-154M .
Resumo
Data  10 de abril de 2010
Causa  Accidente
Lugar  Suvorova Street, Severny[1]
Coordenadas  54°49′30″N 032°1′30″L / 54.82500, -32.02500Coordenadas: 54°49′30″N 032°1′30″L / 54.82500, -32.02500
Orixe  Varsovia
Destino  Smolensk
Finados  Todos os pasaxeiros e a tripulación
Feridos  0
Aeronave
Tipo de aeronave Tupolev Tu-154
Superviventes  0

AccidenteEditar

 
Mapa do voo

Ás 10:56 tempo de Moscova, (06:56 UTC),[2] un Tupolev Tu-154, levando o presidente polaco, Lech Kaczynski estrelouse preto de Smolensk, Rusia. O presidente Kaczynski ía á conmemoración do 70 aniversario do masacre de Katyń[2]. Ningunha das persoas que viaxaban no avión sobreviviu ao accidente.[3][4] [5][6]

O accidente suscitouse a 1,5 km do aeroporto debido ás condicións de néboa que había na zona.[7] O gobernador do óblast de Smolensk, Sergei Antufiev, confirmou para a canle de noticias Russia 24, que non había sobreviventes no accidente. Informou que o avión golpeara coas copas dos árbores, golpeou o chan e caeu roto en pedazos. A bordo tamén se atopaba o gobernador do Banco Nacional de Polonia, Sławomir Skrzypek, o xefe do exército polaco Franciszek Gągor e o Viceministro de Relacións Exteriores Andrzej Kremer[8].

Manifesto de vooEditar

De acordo co manifesto do voo a bordo atopábanse entre outros:

 
Primeira lista incompleta de pasaxeiros, que ían no voo

Figuras presidenciais e gobernamentaisEditar

Figuras militaresEditar

Deputados do SenatEditar

Deputados do SejmEditar

Figuras relixiosasEditar

OutrosEditar

InvestigaciónsEditar

Logo do accidente abrironse diversas investigacións tanto por parte das autoridades rusas como polacas para esclarecer as causas do accidente. O informe do Comité de Investigación presidido por Jerzy Miller, Ministro do Interior e da Administración presentouse o 29 de xullo de 2011.[11]Dentro das causas que levaron ao fatal accidente o informe sinalaba as adversas condicións climatolóxicas e os erros cometidos tanto polo controlador aéreo ruso como pola tripulación do avión.[12]
En 2012 realizaronse algunhas exhumacións a instancia das familias, nas que se constataron deficiencias na investigación, concretamente na xestión dos restos mortais.[13]
En 2015 reabriuse unha nova investigación que implicou a exhumación dos restos mortais daquelas vítimas que non foran cremados. En novembro de 2016 comezaron as labores de exhumación dos restos de 83 vítimas. Esta decisión foi moi polémica debido á oposición das familias de 17 vítimas e parte da sociedade polaca.[14]. Dúas viúvas conseguiron que Polonia fora condenada polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos por vulnerar os dereitos das familias das vítimas[15][16]
Un estudo de 2017 sinalaba a distintas incongruencias na investigación levado a cabo en 2010 e, en base as probas dispoñibles naquel momento, recomendaba un novo estudo máis exhaustivo.[17] Como resultado da apertura da nova investigación iniciada en 2015, declararonse nulas as conclusións da investigación aberta en 2010. Concluíuse que o avión se incendiara no ar debido a unha primeira explosión na á esquerda do Tupolev 154, seguida dunha segunda explosión no casco do aparato.[3][18][19]

Galería dos falecidosEditar

NotasEditar

  1. http://www.newsru.com/russia/10apr2010/skp.html
  2. 2,0 2,1 BBC News Online (ed.). "Polish President Lech Kaczynski 'in plane crash'". Consultado o 10 de abril 2010. 
  3. 3,0 3,1 A maioría de fontes sinalaron 96 como o total de vítimas, como EFE en 2018, pero outras fontes do momento e algunhas posteriores concordan en que viaxaban un total de 97 persoas no avión. Ver:"Un informe dice que el avión presidencial polaco explotó antes de estrellarse en Smolensk". www.efe.com (en castelán). EFE. 11 de abril 2018. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  4. Segundo Dimitri Lijanov en 2010, 89 membros da delegación polaca e 8 tripulantes, Lijanov, Dimitri (11 de abril de 2010). "El presidente polaco muere en una tragedia aérea en Rusia". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  5. "Muere el presidente de Polonia al estrellarse su avión en Rusia". www.elmundo.es. EFE. 10 de abril de 2010. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  6. Estrélase en Rusia un avión no que viaxaba o presidente de Polonia
  7. Reuters, ed. (10 de abril 2010). "Polish president feared dead in Russian plane crash". Consultado o 10 de abril 2010. 
  8. "Polish president's plane crashes in Russia: ministry", artigo en hostednews de Google (en inglés)
  9. "St Andrew Bobola RC Church". St Andrew Bobola RC Church (en polaco). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  10. "Queen offers sympathy to Poland after president's death". BBC News (en inglés). BBC. 2004-04-10. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  11. "Final report into the causes and circumstances of the plane crash in Smoleńsk". www.premier.gov.pl (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  12. "Russos e polacos responsáveis pela morte Lech Kacziynski". www.dn.pt (en portugués). Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  13. "Dudas en la identificación de los muertos del avión polaco". Reuters (en castelán). 26 de setembro de 2012. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  14. "Polonia abre con Kaczynski la exhumación de las víctimas de la tragedia de Smolensk". ElMundo.es (en castelán). 14 de novembro de 2016. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  15. "Court: Exhumations during Polish presidential plane crash investigation breached rights of victims’ wives". humanrightseurope.org (en inglés). 20 de setembro de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  16. "Polonia abre con Kaczynski la exhumación de las víctimas de la tragedia de Smolensk". Elmundo.es (en castelán). 14 de novembro de 2016. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  17. Ziolkowski, Andrzej (2017). "Disastrous air crash and two investigations with different results". International Journal of Forensic Engineering (en inglés) 3 (4): 1. ISSN 1744-9944. doi:10.1504/IJFE.2017.10005136. (require subscrición (?)). 
  18. Comittee for the Re-investigation of the Smolensk Air Crash. "Technical Report.Facts regarding the crash of the TU-154M No. 101,(Fight PLF101), that took place in Smolensk, Russia on the 10th of April 2010". Google Docs. Consultado o 2019-07-03. 
  19. "NEW official investigation findings: Summary and FULL report in ENG". smolenskcrash.eu. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2019. Consultado o 3 de xullo de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar