Brian Selznick, nado o 14 de xullo de 1966, en East Brunswick, Nova Jersey[1] é un escritor e ilustrador estadounidense, autor de literatura infantil, galardoado co premio Caldecott. É o maior de tres irmáns, e sobriño-neto do produtor de Hollywood David O. Selznick. Viviu en Brooklyn (Nova York) e San Diego (California).

Infotaula de personaBrian Selznick

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
East Brunswick, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Design de Rhode Island (pt) Traducir
East Brunswick High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York
San Diego Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , escritor de literatura infantil , monicrequeiro , ilustrador , novelista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webtheinventionofhugocabret.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2561765 Allocine: 185088
Musicbrainz: ad4d5a0b-72cd-474b-9e73-2ba844210149 Discogs: 3800038 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Selznick formouse na Rhode Island School of Design. Traballou durante tres anos en Eeyore's Books for Children, en Manhattan, mentres traballaba no seu primeiro libro, The Houdini Box.

En 2008 recibiu a Medalla Caldecott pola súa obra "A invención de Hugo Cabret" [2], tamén gañou a Caldecotte de Honra por "Os dinosauros do Waterhouse Hawkins".Outros premios adicionais inclúen: Texas Bluebonnet Premio, Premio de Rhode Island Children's Book, e o Premio Christopher.

A invención de Hugo Cabret editar

Foi adaptada ao cine polo director Martin Scorsese, estreada en novembro de 2011.[3] Narra a historia dun neno orfo en París, na década dos anos 30, e de como tenta recompor un autómata estragado. O libro foi inspirado nunha pasaxe de Edison’s Eve, escrito por Gaby Wood. Este libro céntrase na colección de autómatas que pertenceu a Georges Méliès. Tras a súa morte, a colección foi refugada polo museo ao que foi doada. Selznick, un seareiro de Méliès e dos autómatas, quedou fascinado, imaxinando como un neno roubaba unha daquelas marabillas mecánicas.

Selznik cita a Maurice Sendak, autor de Where the Wild Things Are, e Remy Charlip, autor de Fortunately, como grandes influencias para varios dos seus libros.

Obra escrita editar

  • The Houdini Box (1991)
  • The Robot King (1995)
  • Boy of a Thousand Faces (2000)
  • A invención de Hugo Cabret (The Invention of Hugo Cabret, 2007). Para a película, véxase Hugo)
  • Marabillas (Wonderstruck, 2011)
  • The Marvels (2015)

Obra ilustrada editar

  • Amelia and Eleanor Go For a Ride, Autor: Pam Munoz Ryan
  • Barnyard Prayers, Autor: Laura Godwin
  • The Boy Who Longed for a Lift, Autor Norma Farber
  • The Dinosaurs of Waterhouse Hawkins, Autor: Barbara Kerley
  • Doll Face Has a Party, Autor Pam Conrad
  • The Doll People, Autor: Ann M. Martin e Laura Godwin
  • The Dulcimer Boy, Autor: Tor Seidler
  • Frindle, Autor: Andrew Clements
  • The Landry News, Autor: Andrew Clements (de peto)
  • Lunch Money, Autor: Andrew Clements
  • Marley's Ghost, Autor David Levithan
  • The Meanest Doll in the World, Autor: Ann M. Martin e Laura Goodwin
  • Our House: Stories of Levittown, Autor: Pam Conrad
  • Riding Freedom, Autor: Pam Munoz Ryan
  • The Runaway Dolls, Autor: Ann M. Martin e Laura Godwin
  • The School Story, Autor: Andrew Clements
  • Walt Whitman: Words for America, Autor: Barbara Kerley
  • When Marian Sang, Autor: Pam Munoz Ryan
  • Wingwalker, Autor: Rosemary Wells
  • Wonderstruck, Autor: Brian Selznick
  • The Invention Of Hugo Cabret, Autor: Brian Selznick
  • The Walking Dead, Autor: Brian Selznick

Notas editar

  1. Rich, Motoko. "Reads Like a Book, Looks Like a Film", The New York Times, 26 de xaneiro de 2008. Consultado o 13 de febreiro de 2011
  2. "Reads Like a Book, Looks Like a Film". The New York Times. 26 de xaneiro de 2008. Consultado o 11 de novembro de 2010. 
  3. "Jude Law and Sir Christopher Lee join Scorsese film". BBC News. 30 de xuño de 2010. Consultado o 11 de novembro de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar