Breviario de Miranda
O Breviario de Miranda é un manuscrito escrito en latín que foi realizado sobre os anos 1450-1475. O nome de Breviario de Miranda ven do nome dun dos seus posibles propietarios, un cóengo compostelán.[1]
Breviario de Miranda | |
---|---|
Folio 49v. | |
Autor/a | Descoñecido |
Orixe | Galicia |
Lingua | Latín |
Data de pub. | 1450-1475 |
Páxinas | 518 folios |
[ editar datos en Wikidata ] |
O libro componse das partes do Breviario Romano, reproducindo moitas partes do Códice Calixtino, e destaca nel a rica decoración de miniaturas. Ten moita decoración vexetal mesturada con imaxes de santos e animais, e está composto de 518 folios.[1][2][3]
Non está claro quen foi o que mandou crear este breviario, hai varias posibilidades, entre elas, Pedro de Miranda, familiar de Alonso II de Fonseca, Fernando Bermúdez de Castro, que foi Deán da Catedral, ou tamén Rodrigo de Luna, arcebispo de Santiago entre 1449 e 1460.[2]
Atópase no arquivo da Catedral de Santiago de Compostela onde ademais do orixinal teñen un facsímile, que é o que está exposto ó público no museo, e unha versión dixitalizada.[1][3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Entrada "Breviario de Miranda" na Xacopedia.
- ↑ 2,0 2,1 Breviario de Miranda Arquivado 29 de febreiro de 2020 en Wayback Machine. na Catedral de Santiago de Compostela
- ↑ 3,0 3,1 Análisis codicológico del Breviario "de Miranda”(en castelán)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Breviario de Miranda |
Ligazóns externas
editar- Breviario de Miranda Arquivado 29 de febreiro de 2020 en Wayback Machine. na Catedral de Santiago de Compostela.(en castelán)
- Un breviario para un canónigo:El breviario de Miranda del ACS.Estado de la cuestión y nuevas hipótesis. Pablo Ordás Díaz. Annuarium Sancti Iacobi, 2012, nº 1, 219-236. (en castelán)
- Análisis codicológico del breviario «de Miranda». Ángela Mª Rodríguez López. Annuarium Sancti Iacobi, 2012, nº 1, 287-316.(en castelán)
- Galicia Histórica. Hoja de historia y documentos compostelanos. Algunas reflexiones sobre la propiedad del Breviario de Miranda. 2017.(en castelán)
- Introducción al estudio de miniatura del siglo XV: El norte de Europa y el caso hispánico. El Breviario llamado "de Miranda" del Archivo de la Catedral de Santiago, Pablo Ordás Díaz, Curso 2008 - 2009. Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia, Departamento de Historia da Arte].(en castelán)