Braulio Iglesias Lorenzo
Braulio Iglesias Lorenzo, nado en Ribadavia o 29 de outubro de 1901 e finado en Madrid o 2 de xullo de 1972, foi un cantante e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de outubro de 1901 Ribadavia, España |
Morte | 2 de xullo de 1972 (70 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, escritor |
Traxectoria
editarFoi membro da murga Os Pera en 1929[1]. Ao ano seguinte organizou a tropa La Guardia Judía en Ribadavia, e en 1931 pasou a formar parte da Coral de Ruada. En 1934 participou como tenor na xira que o coro Anaquiños da Terra fixo a Chicago.[2] En 1935 dirixiu o orfeón Ecos del Avia.[3] Dirixiu o semanario humorístico Ris-Ras[4]. Publicou algúns poemas en El Compostelano. A finais de 1935 estreouse en Ribadavia a súa obra Romance del palomar.[5] Colaborou coa imprenta O Ribadaviense entre 1965 e 1968.
Vida persoal
editarNeto de Ramona Alonso Estévez (1861-1946) e José Lorenzo Fernández (1859-1927), e fillo do avogado de Ribadavia Modesto Iglesias García (1877-1958) e de Rogelia Lorenzo Alonso (1879-1970). Os seus irmáns eran Mercedes Iglesias Lorenzo (1904-1975) e Modesto Iglesias Lorenzo (1910-1920). Casou en 1936 con Nieves Martínez Herranz (1907-1978), e tivo dúas fillas: Mercedes (n. 1937) e Nieves (n. 1939).
Obras
editar- Romance del Palomar. Melodrama en dos actos y un epílogo, en verso, 1936.