Branca Trigo Cabaleiro
Branca Trigo Cabaleiro, nada en Vigo o 16 de marzo de 1997,[1] é unha escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1997 (27 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | escritora, editora |
Familia | |
Pai | Ramón Alberto Trigo Alonso |
Traxectoria
editarEstudou no CEP Santa Tegra de Vigo e graduouse en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios na Universidade de Vigo. Canda Alfredo Vázquez, codirixe a editorial Malafera.
En 2009 gañou o Premio Literario Escolar Caixanova na categoría de terceiro ciclo de primaria polo traballo Sara y Saray.[2] Conseguiu o terceiro posto no Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro en 2019 coa obra O heroe de vidro.[3] En 2021 gañou o Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo na modalidade de poesía.[4]
Publicou o seu libro Coñecemento do Medo en 2021 en Edicións Malafera. O seu segundo poemario, Condolore, viu a luz no ano 2022 da man da editora Urutau. Organiza xunto con outres autores o micro aberto Cerimonia de gaivotas e participou en diversas publicacións colectivas coma o volume A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (Catroventos, 2023), a Antoloxía biosbarda para Parche (ruín alteredicións, 2023) e a antoloxía LGBTQIA Alguén nos lembrará (Xerais, 2023).
Obras
editar- La cosa negra que pasó por mi ventana (Lóguez ediciones, 2007). ISBN 978-84-96646-10-0[5]
- Sagrado corazón de Бáба Ягá, fanzine (Malafera, 2021)
- Coñecemento do medo (Malafera, 2021). ISBN 978-84-09-28815-1[6]
- Con do lore (Editorial Urutau, 2022). ISBN 978-65-5900-384-6[7]
- Ω , fanzine (Malafera, 2023)[8]
- O ser e o nervio, fanzine (Malafera, 2023)
- trans0 (Malafera, 2024). ISBN 978-84-12-79871-5
Obras colectivas
editar- Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (Xerais, 2023). ISBN 9788411103589[9]
- Antoloxía biosbarda para Parche (ruín alteredicións, 2023)
- A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (Catroventos, 2023)
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, Vigo, 26-4-1997, p. 34.
- ↑ La Voz de Galicia, 20-6-2009, p. 51.
- ↑ Redacción (23 de novembro de 2019). "Mondoñedo acogió la entrega de premios de poesía Manuel Leiras Pulpeiro". diariodelemos.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2021. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ DUVI Ourense (13 de maio de 2021). "Coa palabra, coa música e coa fotografía, unha homenaxe a Xela Arias". Universidade de Vigo. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "La cosa negra que pasó por mi ventana". loguezediciones.es (en castelán). Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "Coñecemento do medo". Malafera. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2021. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "Con do lore". Editora Urutau. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "Zinesfera". malafera.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+". biblosclube.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2023. Consultado o 28 de maio de 2023.