Botella (instrumento musical)

A botella labrada, xeralmente de anís, é un recipiente empregado na música tradicional galega para o acompañamento musical. Como instrumento correspóndelle a categoría de idiófono refregado.[1]

Botella labrada
Información
ClasificaciónIdiófono refregado


Características

editar

Este tipo de botellas, con relevos na superficie para evitar que escorreguen das mans, apareceron a finais do século XIX. Axiña foron empregadas nas festas populares para o acompañamento rítmico do canto.

A botella sostense cunha man en posición horizontal en tanto que se refrega ritmicamente cun utensilio metálico como a chave da casa ou o mango dun garfo ou culler.[2]

  1. Quintas Suarez, Moises (2011). "Raspados". Guía didáctica de instrumentos galegos. Consultado o 2021-07-14. 
  2. "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Botella". Consultado o 2021-07-15. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar