Boroa (banda)
grupo musical galego
Boroa é un grupo musical galego formado en Boiro no 2020, que combina diferentes estilos coa gaita galega como elemento principal.[1][2]
Boroa | |
---|---|
Orixe | Boiro, Galicia |
Período | 2020 - presente |
Xénero(s) | música tradicional galega, folk, jazz |
Membros | Sabela Olivares Suso Bello Alberto Millán |
Na rede | |
boroamusic.com | |
Traxectoria editar
O grupo naceu en Boiro no ano 2020, aínda que a idea levaba unha década na mente dos músicos fundadores.[3] Os tres membros que deron forma ao grupo dende o seu inicio son Sabela Olivares (gaita, piano, pandeireta e voz), Suso Bello (guitarra) e Alberto Millán (baixo).[4] En 2023 publicaron o seu primeiro disco, un traballo con nove temas titulado O' Clásico Fol, no que participou como batería Javier Gómez, e que contou coas colaboracións de Fernando Pérez e Xosé Miguélez.[5]
Discografía editar
- O' Clásico Fol (2023).
Notas editar
- ↑ "Boroa presenta un traballo de experimentación arredor da gaita". 27 de marzo de 2023. Consultado o 22 de abril de 2023.
- ↑ "Boroa, o grupo de Ribeira, saca novo álbum O´ Clásico Fol". 29 de marzo de 2023. Consultado o 22 de abril de 2023.
- ↑ Orgullo Galego (28 de marzo de 2023). Conversa coa banda galega BOROA (YouTube).
- ↑ "Nós". boroamusic.com. Consultado o 22 de abril de 2023.
- ↑ "Melodías de aquí con armonías de más allá del Atlántico" (en castelán). 27 de marzo de 2023. Consultado o 22 de abril de 2023.