Boris Eikhenbaum

historiador ruso

Boris Mikhailovich Eikhenbaum (en ruso Борис Михайлович Эйхенбаум), nado en Voronezh o 16 de outubro de 1886 e finado en San Petersburgo o 2 de novembro de 1959, foi un teórico literario e historiador da literatura rusa, representante do formalismo ruso.

Infotaula de personaBoris Eikhenbaum
Nome orixinal(ru) Борис Михайлович Эйхенбаум Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1886 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Krasny, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de novembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Bogoslovskoe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculty of History and Philology of St. Petersburg University (en) Traducir (–1912)
Q16631749 Traducir (–1905) Editar o valor em Wikidata
Director de teseSemyon Vengerov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia da literatura, pedagoxía e Tolstoy studies (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónespecialista en literatura , profesor universitario , pedagogo , estudoso da literatura Editar o valor em Wikidata
EmpregadorGurevich gymnasium (en) Traducir
Q16655690 Traducir
Rossiĭskiĭ institut istorii iskusstv (en) Traducir
Narkompros (pt) Traducir
Faculty of Philology of Saint Petersburg State University (en) Traducir
Q4400488 Traducir
Q4129790 Traducir
Pushkin House (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosIrina Semenko (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoBoris Bukhshtab (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsVoline (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Pasou a súa infancia e adolescencia na súa vila natal. Logo de rematar os estudos en 1905, foi a San Petersburgo e ingresou na Academia Militar Médica Kirov, e en 1906 entrou na Facultade de Bioloxía da Institución Libre de P. F. Lesgaft, ao tempo que estudaba música (violín, piano e voz). En 1907 deixou ese centro e comezou na Escola Musical de E. P. Raprof e na Facultade de Filoloxía Histórica da Universidade Estatal de San Petersburgo. En 1909 abandonou por completo as súas aspiracións profesionais no campo da música, centrándose na filoloxía.

En 1909, logo de dous anos de estudo no departamento de eslavo-ruso, foi transferido ao departamento de romance-xermánicas, regresando ao anterior en 1911 e rematando os seus estudos universitarios en 1912.

Desde 1913–1914 Eikhenbaum publicou en diversos periódicos e dirixiu recensións sobre literaturas estranxeiras na publicación Русская молва. En 1914 comezou as súas actividades docentes na escola de Y. G. Gurevich.[1][2][3][4]

Un momento importante da biografía de Eikhenbaum foi a súa implicación canda a outros membros da OPOJAZ (Sociedade para o Estudo da Linguaxe Poética), fundada en 1916. En 1918 uniuse ao grupo, participando nas súas investigacións até mediados da década de 1920. Eikhenbaum achegou ao grupo definicións e interpretacións[5], e con ensaios como Theory of the "Formal Method" axudou a perfilar a súa visión da literatura.[6]

Entre 1947 e 1949 Eikhenbaum foi vítima dunha persecución a través da campaña contra o "cosmopolitismo sen raíces"[7][8] canda a Víctor Zhirmunski, Grigori Gukovski e Mark Azadovski, aínda que se lle permitiu seguir coas súas investigacións.

Obra editar

  • Пушкин-поэт и бунт 1825 года (Опыт психологического исследования) ("Pushkin como poeta e a Revolución de 1825 (Unha aproximación á investigación psicolóxica)", 1907)
  • Как сделана "Шинель" Гоголя ("Como foi feito A capa de Gógol", 1919)
  • Мелодика русского лирического стиха ("Melodía da poesía lírica rusa", 1922)
  • Молодой Толстой ("Tolstoi xove", 1922)
  • Анна Ахматова Опыт анализа ("Anna Akhmatova: unha aproximación á análise", 1923)
  • Лермонтов. Опыт историко-литературной оценки ("Lermontov. Un estudo na avaliación histórico-literaria", 1924)
  • Лесков и современная проза ("Leskov e a prosa contemporánea", 1925)
  • О. Генри и теория новеллы ("O. Henry e a teoría do relato curto", 1925)
  • Литература и кино ("Literatura e cinema", 1926)
  • Теория "формального метода" ("Teoría do 'método formal'", 1925)
  • Литературный быт ("Costumes literarios", 1927)
  • Лев Толстой: пятидесятые годы ("Lev Tolstoi: os Cincuenta", 1928)
  • Лев Толстой: шестидесятые годы ("Lev Tolstoi: os Sesenta", 1931)
  • Лев Толстой: семидесятые годы ("Lev Tolstoi: os Setenta", 1940)

Notas editar

  1. Carol Joyce Any, Boris Eikhenbaum: Voices of a Russian Formalist, Stanford University Press, 1994, pp. 11-16, ISBN 0-8047-2229-3
  2. Николай Мельников, Борис Эйхенбаум. Жизнь в слове Лехаим, Октябрь 2006
  3. Электронная Еврейская Энциклопедия, Эйхенбаум Борис
  4. Энциклопедия Кругосвет, Эйхенбаум, Борис Михайлович
  5. Victor Erlich, Russian Formalism: History, Doctrine, Walter de Gruyter, 1980, p. 66, ISBN 90-279-0450-2
  6. Peter Brooks et al., The Cambridge History of Literary Criticism, Cambridge University Press, 1995, v. 8. pp 11-14, ISBN 0-521-30013-4
  7. Hugh Mclean, "Two Decades of a Russian Giant" The New York Times, 18 de abril de 1982
  8. Any, p. 195