Borealosuchus

xénero extinto de grandes réptiles

Borealosuchus
Rango fósil: Cretáceo tardío-Eoceno

Esqueleto de B. wilsoni no Museo Field de Historia Natural
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Xénero: † Borealosuchus
Brochu, 1997
especies

Borealosuchus (que significa 'crocodilo boreal') é un xénero extinto de crocodilianos que viviu desde o Cretáceo tardío ao Eoceno en Norteamérica. Foi nomeado por Chris Brochu en 1997 para aplicalo a varias especies que foran asignadas inicialmente ao xénero Leidyosuchus. As especies asignadas a este xénero son:

Borealosuchus era un crocodilo de tamaño medio; B. acutidentatus chegaba a 2,8 m de lonxitude e un cranio de 36 cm.[1]

Clasificación editar

 
Molde dun cranio, ROM

Especies editar

Actualmente recoñécense seis especies de Borealosuchus. Pola orde en que foron nomeados son: B. sternbergii, B. acutidentatus, B. wilsoni, B. formidabilis, B. griffithi e B. threeensis. Catro destas especies (B. sternbergi, B. acutidentatus, B. wilsoni e B. formidabilis) foron nomeadas orixinalmente como especies de Leidyosuchus e despois cambiadas de xénero.

Filoxenia editar

Segundo Brochu et al. (2012) a maioría das análises filoxenéticas sitúan Borealosuchus como un crocodiliano máis estreitamente relacionado co clado Brevirostres que ao Gavialoidea;[5] unhas poucas análises, ao contrario, sitúano máis próximo aos gavialoides[6] ou como un eusuquio basal que non pertenza a Crocodylia.[7] Segundo unha análise realizada polo propio Brochu e coautores (2012), as tres hipóteses son igualmente parsimoniosas.[5]

 
Fósil de Borealosuchus sp.

O seguinte cladograma de Brochu et al. (2012) mostra as relacións filoxenéticas das especies Borealosuchus:[5]

Crocodylia 

Gavialoidea

 †Borealosuchus 

B. sternbergii

B. formidabilis

B. acutidentatus

B. threeensis

B. wilsoni

Pristichampsinae

 Brevirostres 
 Alligatoroidea 

Diplocynodontinae

Globidonta

Crocodyloidea

Notas editar

  1. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2012. Consultado o 2012-05-23. 
  2. 2,0 2,1 Brochu, C.A. (1997). "A review of "Leidyosuchus" (Crocodyliformes, Eusuchia) from the Cretaceous through Eocene of North America". Journal of Vertebrate Paleontology 17 (4): 679–697. doi:10.1080/02724634.1997.10011017. 
  3. Wu, X-C.; Brinkman, D.B.; Fox, R.C. (2001). "A new crocodylian (Archosauria) from the basal Paleocene of the Red Deer River Valley, southern Alberta". Canadian Journal of Earth Sciences 38 (12): 1689–1704. doi:10.1139/cjes-38-12-1689. 
  4. Erickson, Bruce R. (1976). Osteology of the Early Eusuchian Crocodile Leidyosuchus formidabilis, sp. nov. The Science Museum of Minnesota St. Paul, Minnesota Monograph 2, Paleontology. St. Paul: The Science Museum of Minnesota. pp. 1–61. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Brochu, C.A.; Parris, D.C.; Grandstaff, B.S.; Denton, R.K. Jr.; Gallagher, W.B. (2012). "A new species of Borealosuchus (Crocodyliformes, Eusuchia) from the Late Cretaceous–early Paleogene of New Jersey". Journal of Vertebrate Paleontology 32 (1): 105–116. doi:10.1080/02724634.2012.633585. 
  6. Eduardo Puértolas, José I. Canudo and Penélope Cruzado-Caballero (2011). "A New Crocodylian from the Late Maastrichtian of Spain: Implications for the Initial Radiation of Crocodyloids". PLoS ONE 6 (6): e20011. PMC 3110596. PMID 21687705. doi:10.1371/journal.pone.0020011. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o 06 de agosto de 2017. 
  7. Diego Pol, Alan H. Turner, Mark A. Norell (2009). "Morphology of the late Cretaceous crocodylomorph Shamosuchus djadochtaensis and a discussion of neosuchian phylogeny as related to the origin of Eusuchia". Bulletin of the American Museum of Natural History 324: 1–103. hdl:2246/5977. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar