Bonnie e Clyde (filme)
Bonnie e Clyde (en inglés: Bonnie and Clyde) é un filme estadounidense de 1967 dirixido por Arthur Penn. Está protagonizado por Warren Beatty e Faye Dunaway que intepretan os papeis de Clyde Barrow e Bonnie Parker. O filme tamén conta coas interpretacións de Michael J. Pollard, Gene Hackman e Estelle Parsons, xunto con Denver Pyle, Dub Taylor, Gene Wilder (no seu primeiro papel), Evans Evans e Mabel Cavitt. O guión foi escrito por David Newman e Robert Benton. A banda sonora orixinal foi composta por Charles Strouse.
Bonnie e Clyde | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bonnie and Clyde |
Director | Arthur Penn |
Produtor | Warren Beatty |
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Charles Strouse |
Fotografía | Burnett Guffey |
Montaxe | Dede Allen |
Distribuidora | Warner Bros.-Seven Arts |
Estrea | 13 de agosto de 1967 |
Duración | 111 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Biográfico |
Orzamento | $2 500 000[1] |
Recadación | $70 000 000[1] |
Na rede | |
Sinopse
editarClyde Barrow (Warren Beatty), un atracador de bancos e negocios pequenos, saíu da prisión. En plena Gran Depresión dos anos 30 volve asaltar bancos. Coñece a Bonnie Parker (Faye Dunaway), unha rapaza de aldea que se sente aburrida e decide acompañalo.
Mentres se desenvolven os sentimentos, protagonizan xuntos unha serie de atracos e crimes cada vez máis brutais, deixando nas súas fuxidas unha estela de violencia e sangue.
Personaxes
editar- Warren Beatty como Clyde Barrow
- Faye Dunaway como Bonnie Parker
- Michael J. Pollard como C.W. Moss
- Gene Hackman como Buck Barrow
- Estelle Parsons como Blanche Barrow
- Denver Pyle como Frank Hamer
- Dub Taylor como Ivan Moss
- Gene Wilder como Eugene Grizzard
- Evans Evans como Velma Davis
- Mabel Cavitt nai de Bonnie (sen acreditar)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Dancis, Bruce (3 de abril de 2008). Ventura County Star, ed. "Forty years later, 'Bonnie and Clyde' still blows us away". Consultado o 26 de setembro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bonnie e Clyde |
Bibliografía
editar- Friedman, Lester D. (2000). Arthur Penn's Bonnie and Clyde. Cambridge, Reino Unido: Cambridge University Press. ISBN 0-521-59697-1.
- Desilet, Gregory (2005). "Modern 'Noir' Melodrama: Bonnie and Clyde". Our Faith in Evil: Melodrama and the Effects of Entertainment Violence. McFarland. pp. 288–298. ISBN 078642348X.
Ligazóns externas
editar- Bonnie e Clyde na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)