Bolsa sinovial
Unha bolsa sinovial ou Bursa (nome científico) [1] é un saco cheo de fluído e revestido pola membrana sinovial, cunha capa capilar interior de fluído viscoso (similar á clara dun ovo).
Esta bolsa proporciona un coxín entre os ósos, tendóns e/ou músculos ao redor dunha articulación.[2] Isto axuda a reducir calquera fricción entre os ósos permitindo libre mobilidade.
As bursae están cheas de fluído sinovial e encóntranse ao redor de case todas as principais articulacións do corpo. Cando inflaman, a afección denomínase bursite. As bolsas sinoviais poden ter que ser extirpadas debido a unha bursite crónica ou a unha infección, proceso que se denomina bursectomía.
O número de bolsas sinoviais no cuerpo humano pode superar as mil; porén, a maioría delas non son constantes. Algunhas, as principais ou constantes, adoitan recibir o seu nome particular de acordo coa súa situación, por exemplo; subacromial, rotuliana, olecraniana etc.[3]
Notas
editar- ↑ Do latín bursa, "bolsa".
- ↑ Bursa. General Practice Notebook Arquivado 04 de decembro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 28/1/2012.
- ↑ Bolsa Sinovial. Diagnostico Médico Arquivado 27 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 28/1/2012.