Blumea (revista)

revista científica

Blumea - Journal of Plant Taxonomy and Plant Geography é unha revista de botánica revisada por pares e publicada polo Herbario Nacional dos Países Baixos, de Leiden.

Blumea
PaísPaíses Baixos e Reino dos Países Baixos
Lugar de publicaciónLeiden e Reino dos Países Baixos
LinguaInglés
CategoríaBotánica
EspecialidadeBotánica tropical
AbreviaturaBlumea[1]
Fundación1934
Desenvolvemento
EditorHerbario Nacional dos Países Baixos, Leiden
Circulación
FrecuenciaTrianual
ISSN0006-5196
Na rede
http://www.nationaalherbarium.nl/pubs/blumea/ e http://www.nhn.leidenuniv.nl/index.php/publications/blumea
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

A excepción dun corto período durante a segunda guerra mundial, Blumea publicouse continuamente desde 1934. Ocúpase da taxonomía, morfoloxía, anatomía, bioxeografía e ecoloxía das espermatófitas e das criptógamas nativas do sueste asiático, especialmente na flora de Malesia, a África subsahariana (excepto Suráfrica) e América do Sur, con énfase nas Güianas.

Blumea publica tres números ao ano, con ao redor de 600 páxinas cada un.

Ademais das edicións estándar, tamén edita unha serie de suplementos de Blumea, na que se publican disertacións e listas de comprobación de plantas rexionais.

O seu nome é unha homenaxe ao botánico xermano-neerlandés Carl Ludwig Blume.

Notas editar

  1. Blumea en Tropicos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar