Bloque do motor

O bloque do motor é unha peza fundida en ferro ou aluminio que aloxa os cilindros dun motor de combustión interna así como os soportes de apoio da cambota.

Un bloque motor mostrando as aberturas dos cilindros.

O diámetro dos cilindros determina a cilindrada do motor.

FunciónsEditar

Ademais de aloxar os cilindros, onde se moven os pistóns, o bloque motor soporta outras dúas pezas: a cabeza do motor na parte superior e o cárter na parte inferior. A cabeza do motor é fixa ao bloque a través da xunta da cabeza que é atravesada por parafusos de fixación roscados no bloque.

No interior do bloque existen tamén cavidades tubulares a través das cales circula a auga de arrefecemento, ben como o aceite de lubrificación cuxo filtro tamén é xeralmente fixo á estrutura.

Cando a árbore de levas non está colocada na cabeza existen cavidades atravesadas polas hastas impulsoras das válvulas.

O bloque ten conexións e aberturas a través das cales varios outros dispositivos son controlados a través da rotación da cambota, especialmente a bomba de auga, bomba de combustíbel e distribuidor(nos vehículos que os posúen).

MaterialEditar

 
Bloque dun motor de catro cilindros de aluminio.

O material de que están construídos os bloques ten que permitir a moldaxe de todas as aberturas e pasaxes indispensábeis, como tamén soportar as elevadas temperaturas xeradas pola deflagración do combustíbel no interior do bloque e permitir a rápida disipación da calor.

Os materiais máis usados son o ferro fundido e o aluminio, este último máis lixeiro e con mellores propiedades disipadoras, mais de prezo máis elevado. Resistindo peor ao atrito dos pistóns os bloques de aluminio teñen os cilindros normalmente revestidos con camisas de aceiro.[1]

NotasEditar

ARIAS-PAZ, Manuel: Manual de Automóveis, São Paulo: Editora Mestre Jou, 1970.

  1. ARIAS-PAZ, Manuel, páx. 36.