Blindside é unha banda sueca de rock procedente dos suburbios do sur de Estocolmo.[1] Fundouse no ano 1994 como Underfree. En 1996 cambiaron o nome a Blindside e publicaron o álbum Blindside en 1997 a través do selo independente sueco Day-Glo Records. O seu segundo traballo, A Thought Crushed My Mind, chegou no ano 2000. O grupo comezou a recibir atención en 2001 cando xirou con P.O.D., conseguindo un contrato con Elektra. En 2002 publicaron o álbum Silence e en 2003 xiraron como abreconcertos de Hoobastank. Nunha xira en 2004 roubáronlle o equipo, pero Blindside publicou About a Burning Fire ese mesmo ano. Tras perder o apoio do seu selo, en 2005 a banda editou The Great Depression independientemente, e tamén lanzou o DVD Ten Years Running Blind.[2]

Blindside
Blindside.jpg
OrixeEstocolmo, Suecia Suecia
Período1994 - presente
Xénero(s)rock cristián, metal cristián, metal alternativo, rock alternativo, post-hardcore, nu metal
Selo(s) discográfico(s)DRT, Tooth & Nail, Solid State, Elektra, INO
MembrosChristian Lindskog
Simon Grenehed
Tomas Näslund
Marcus Dahlström
Páxina webblindsideonline.com

Blindside editou un EP en 2007, The Black Rose, pero a meirande parte da súa actividade cesou ata 2011, cando publicou o álbum With Shivering Hearts We Wait.

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

Álbum Ano Selo
Blindside 1997 Solid State Records, Day-Glo Records
A Thought Crushed My Mind 2000 Solid State Records
Silence 2002 Elektra Records
About a Burning Fire 2004 Elektra Records, 3 Points Records
The Great Depression 2005 DRT Entertainment
With Shivering Hearts We Wait 2011 INO Records

NotasEditar

  1. Inc, CMJ Network (2002-07-29). CMJ New Music Report (en inglés). CMJ Network, Inc. 
  2. "Blindside: Sweden's much loved hard rockers return after four year hiatus - Blindside". www.crossrhythms.co.uk. Consultado o 2019-11-09. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar