Blankets
Blankets é unha novela gráfica en branco e negro de 592 páxinas escrita e debuxada por Craig Thompson e publicada en 2003 por Top Shelf Productions. Unha memoria, o libro narra a infancia de Thompson no seo dunha familia cristiá evanxélica, o seu primeiro amor e os primeiros anos da súa madurez. Thompson dixo que a novela xurdiu dunha idea simple: describir o que se sente ó durmir cunha persoa por primeira vez.
Blankets recibiu unha atención considerábel tanto na prensa sobre cómics coma na prensa sobre o mainstream literario; foi moi ben recibida e gañou numerosos premios. A maioría dos críticos considérana un fito no desenvolvemento da novela gráfica estadounidense, non só na súa extensión senón tamén polo seu aspecto visual e técnico. The Bloomsbury Review describiuna como "un espléndido exemplo da arte do cómic: a mestura de palabras e debuxos para conseguir un efecto que non se pode conseguir de ningunha outra forma."
A novela foi publicada en inglés, francés, castelán, alemán, italiano, e holandés. A versión inglesa foi publicada tamén nunha versión limitada de tapa dura. Existe tamén unha banda sonora, gravada polo grupo Tracker.
Premios
editar- 2004 Harvey Awards: Mellor Artista, Mellor Álbum Gráfico de Traballo orixinal e Mellort Debuxante.
- 2004 Eisner Awards: Mellor Álbum Gráfico e Mellor Guinista/Artista.
- 2004 Ignatz Awards: Artista Revelación e Novela Gráfica ou Colección Revelación.
- 2005 Prix de la critique.
Edicións
editar- ISBN 1891830430 - Tomo en Inglés.
- ISBN 84-95825-63-5 - Edición española.