Blanca Varela

poetisa peruana

Blanca Leonor Varela Gonzales, nada en Lima o 10 de agosto de 1926 e finada o 12 de marzo de 2009, foi un poeta peruana, considerada como unha das voces poéticas máis importantes do xénero en América Latina.

Blanca Varela
BlancaVarela.jpg
Nacemento10 de agosto de 1926
 Lima
Falecemento12 de marzo de 2009
 Lima
NacionalidadePerú
Alma máterUniversidade Nacional Maior de São Marcos
Ocupaciónpoeta e escritora
NaiSerafina Quinteras
CónxuxeFernando de Szyszlo
Coñecida porAnimal concert, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar e sen etiquetar
PremiosCommander of the Order of the Sun of Peru‎
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Iniciouse en poesía na Universidade Nacional Maior de San Marcos na capital peruana, onde ingresou en 1943, para estudar Letras e Educación. Nesta universidade coñece a Sebastián Salazar Bondy, Javier Sologuren, Jorge Eduardo Eielson, e a quen sería o seu futuro esposo, o pintor Fernando de Szyszlo, con quen tivo dous fillos.

A partir de 1947, empezou a colaborar na revista Las Moradas que dirixía Westphalen. En 1949 chegou a París, onde entrou en contacto coa vida artística e literaria do momento, guiada por Octavio Paz, unha figura determinante na súa carreira literaria, que a vinculou co círculo de intelectuais latinoamericanos e españois radicados en Francia. Desta etapa data a súa amizade con Jean-Paul Sartre, Simone de Beauvoir, Henri Michaux, Alberto Giacometti, Léger, Tamayo e Carlos Martínez Rivas, entre outros.

Despois da súa longa tempada en París, Varela viviu en Florencia e logo en Washington, cidades onde se dedicou a facer traducións e eventuais traballos xornalísticos. En 1962, regresa a Lima para estabelecerse definitivamente e cando viaxa adoita facelo principalmente ós Estados Unidos, España e Francia. O feito que algunhas das súas obras sexan traducidas ó alemán, francés, inglés, italiano, portugués e ruso implica un recoñecemento á súa obra fóra das fronteiras do seu país natal. A diferenza doutros escritores, Blanca Varela non adoitaba dar entrevistas e as súas aparicións en público son máis ben escasas e discretas. Foi condecorada coa Medalla de Honra polo Instituto Nacional de Cultura do Perú.

Morreu o 12 de marzo de 2009 en Lima, á idade de 82 anos.

ObrasEditar

  • Ese puerto existe, 1959
  • Luz de día, 1963
  • Valses y otras falsas confesiones, 1971
  • Ejercicios materiales, 1978 - 1993
  • Canto Villano, 1978
  • Camino a Babel , 1986
  • El libro de barro, 1993 - 1994
  • Concierto animal, 1999
  • El falso teclado, 2001