Blagota Sekulić
baloncestista montenegrino
Blagota Sekulić, nado o 14 de marzo de 1982 en Titogrado (actual Podgorica), é un ex-xogador e adestrador profesional de baloncesto montenegrino. Cunha estatura de 2,10 metros xogaba nas posicións de ala-pivote e pivote. Actualmente exerce como adestrador asistente da selección de Montenegro.
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1982 (41 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,10 m (6 ft 10.75 in) |
Peso oficial | 116 kg (256 lb) |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
Información da carreira | |
Carreira | 1998−2019 |
Historial de equipos | |
Budućnost Podgorica (1998–2002) Partizan (2002–2003) AEK Atenas (2003–2004) Maroussi (2004–2006) PAOK (2006–2007) Real Madrid (2007–2008) Aris (2008–2009) Alba Berlin (2009–2010) Vanoli Cremona (2010–2011) Murcia (2011–2012) Iberostar Tenerife (2012–2014) Fenerbahçe Ülker (2014) Iberostar Tenerife (2014–2016) Fuenlabrada (2016–2018) Gipuzkoa (2018–2019) |
TraxectoriaEditar
Sekulić gañou 4 YUBA Liga durante as súas etapas no Budućnost Podgorica e no Partizan. Despois xogou para o AEK Atenas, Maroussi, PAOK e Aris en Grecia, Real Madrid, Murcia e CB Canarias en España, Alba Berlin en Alemaña, e Vanoli Cremona en Italia.
En febreiro de 2014, asinou co Fenerbahçe Ülker turco para o resto da tempada 2013-14.[1]
NotasEditar
- ↑ "Fenerbahçe Ülker fills void in middle with Sekulic". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2014. Consultado o 04 de novembro de 2014.