Bjarni Tryggvason
Bjarni Valdimar Tryggvason, nado en Reiquiavik (Islandia) o 21 de setembro de 1945 e finado o 5 de abril de 2022,[1] foi un astronauta canadense que formou parte da misión STS-85.[2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1945 Reiquiavik, Islandia |
Morte | 5 de abril de 2022 (76 anos) London, Canadá |
Educación | Universidade da Columbia Británica Universidade de Western Ontario (pt) Richmond Secondary School (en) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, enxeñeiro, físico |
Empregador | Universidade de Western Ontario (pt) |
Tempo no espazo | 12 días, 20 horas e 28 minutos |
Misión do astronauta | |
Traxectoria
editarTryggvason graduouse en enxeñaría física na Universidade da Columbia Británica en 1972. Traballou como posgraduado en enxeñaría con especialización en matemáticas aplicadas e física de fluídos na Universidade do Oeste de Ontario. Foi elixido como astronauta da Axencia Espacial Canadense en decembro de 1983, participando na misión STS-85 e pasando 11,85 días no espazo.[2][3]
Notas
editar- ↑ "Former Canadian astronaut Bjarni Tryggvason dead at 76". CBC News. Canadian Press. 6 de abril de 2022. Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Mark Wade (2022). "Tryggvason, Bjarni Valdimar" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 NASA, ed. (agosto de 2006). "Biography of Bjarni Tryggvason" (en inglés). Consultado o 7 de marzo de 2022.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bjarni Tryggvason |