STS-85

misión do transbordador espacial Discovery

STS-85 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 7 de agosto de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-85
Lanzamento da misión STS-85.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento7 de agosto de 1997, 14:41 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión11,85 días[6]
Obxectivo da misiónEstudo da atmosfera terrestre mediante o satélite CRISTA-SPAS-2.[3][6]
Regreso19 de agosto de 1997[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1997-039A

Características editar

STS-85, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para estudar a atmosfera terrestre mediante o satélite CRISTA-SPAS-2, liberado e recuperado na mesma misión. CRISTA-SPAS-2 observou a atmosfera en lonxitudes de onda infravermellas. A tripulación, formada polo comandante Curtis L. Brown, o piloto Kent V. Rominger, os especialistas de misiónN. Jan Davis, Robert L. Curbeam, Stephen K. Robinson e o especialista de carga Bjarni V. Tryggvason, tamén levou a cabo outros experimentos a bordo do Discovery.[3][5][6][7]

CRISTA-SPAS-2 foi unha colaboración entre a axencia espacial alemá DARA e a NASA que consistía en tres telescopios e catro espectrómetros despregados durante o primeiro día de voo. A plataforma foi recuperada o 16 de agosto despois de 200 horas de voo libre, tempo durante o cal desde terra se fixeron medicións atmosféricas mediante foguetes sonda e globos para correlacionar os datos. O transbordador levaba tamén a bordo a carga TAS-1 para probar novas tecnoloxías, MFD como experimento tecnolóxico para o futuro brazo robótico no módulo xaponés da Estación Espacial Internacional, IEH-02 para a observación do Sol e varios experimentos biolóxicos e de materiais.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 19 de agosto de 1997.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 85" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-54610(E)). 24 de xuño de 1998: 6. Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 85" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-85" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-85" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-85" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar