Billy Owens

baloncestista estadounidense

Billy Eugene Owens, nado o 1 de maio de 1969 en Carlisle, Pensilvania, é un ex xogador americano de baloncesto profesional.

Billy Owens
Posición Escolta / Ala
Dorsal 5, 30, 32
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Nacemento 1 de maio de 1969 (54 anos)
Carlisle, Pensilvania
Carreira
Universidade Syracuse
NBA Draft 1991 / Rolda: 1 / Elección: 3
Por Sacramento Kings
Tempadas 19912001
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     7 026
Rebotes     4 016
Asistencias     1 704
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Ningún premio notable

No ano sénior co instituto, Owens acadou 34 puntos por partido, e liderou ao Carlisle High School (Pensilvania) a catro títulos consecutivos. Dicíase que ía ser o segundo xogador mellor preparado de 1988, por detrás de Alonzo Mourning.

Xogou para o equipo nacional de baloncesto dos Estados Unidos no Campionato do Mundo da FIBA de 1990, onde gañou a medalla de bronce.[1]

Foi seleccionado polos Sacramento Kings no Draft da NBA de 1991. Con todo, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio do anotador Mitch Richmond.[2] A pesar de que o traspaso fora considerado por moitos coma desigual, Owens deulle aos Warriors altura e rebotes. Acadou sobre 15 puntos e preto de 8 rebotes nas súas tres tempadas con Golden State. Owens xogou ademais nos Miami Heat, Sacramento Kings, Seattle SuperSonics, Philadelphia 76ers, e Detroit Pistons.

Notas editar

  1. "1990 USA Basketball". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2007. Consultado o 30 de maio de 2011. 
  2. "Sports Illustrated". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2010. Consultado o 30 de maio de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar