Billetes da coroa austrohúngara

billetes do Imperio Austrohúngaro do sistema da coroa

Os billetes da coroa austrohúngara son os emitidos consonte o sistema monetario oficial do Imperio Austrohúngaro, desde 1892 (cando a coroa substituíu o florín ao se adoptar o padrón ouro) ata a disolución do imperio en 1918. A unidade monetaria era a coroa austrohúngara (alemán: Krone; húngaro: korona) que tiña o heller como divisionaria na parte austríaca e o fillér na parte húngara do imperio (ademais de halier en Eslovaquia e haléř en Chequia), todas elas equivalentes á centésima parte da coroa.[1]

Artigo principal: Coroa austrohúngara.

Billetes austrohúngaros en coroasEditar

Imaxe Valor Dimensións Descrición Datas
Anverso Reverso Anverso Reverso Impresión Emisión Retirada
Serie de 1900-1902
    10 coroas 121 x 80 mm Nenos (putti) Nenos (putti) 31-III-1900 2-II-1901 28-II-1907
    20 coroas 131 x 87 mm Representación feminina de Austria Representación feminina de Austria 20-IX-1900 30-VI-1910
    50 coroas 150 x 100 mm Modelos femininos. Modelos femininos. 2-I-1902 26-V-1902 31-XII-1916
    100 coroas 160 x 106 mm Alegorías da ciencia e da industria. Alegorías da arte e da agricultura. 20-X-1902 31-VIII-1912
    1.000 coroas 191 x 127 mm Modelo feminino. Modelo feminino. 2-I-1903 31-XII-1918
Serie 1904-1910
    10 coroas 140 x 80 mm Princesa Rohan. Princesa Rohan. 2-I-1904 25-II-1905 31-XII-1918
    20 coroas 150 x 89 mm Modelo feminino. Modelo feminino. 2-I-1907 22-VI-1908 31-XII-1915
    100 coroas 163 x 107 mm Modelo feminino. Modelo feminino. 2-I-1910 22-VIII-1910 31-V-1915
Serie 1912-1915
    10 coroas 150 x 80 mm Modelo infantil. Modelo infantil. 2-I-1915 24-VII-1916 31-XII-1918
    20 coroas 150 x 89 mm Modelo feminino. Modelo feminino. 2-I-1913 29-IX-1913
    50 coroas 162 x 100 mm Modelo feminino. Modelo feminino. 2-I-1914 18-XII-1916
    100 coroas 163 x 107 mm Modelo feminino. Modelo feminino. 2-I-1912 13-XII-1912
Emisións de guerra
    1 coroa 112 x 67 mm Arquitectura clásica. Cabeza frixia. 1-XII-1916 21-XII-1916 31-XII-1918
    2 coroas 112 x 67 mm Modelo feminino. Valor 5-VIII-1914 16-VIII-1914 31-VII-1917
    2 coroas 125 x 85 mm Modelos femininos. Modelos femininos. 1-III-1917 9-VII-1917 31-XII-1918
Emisións de posguerra (validez limitada)
    25 coroas 135 x 80 mm Modelo feminino. Padrón liso ou ondulado. 27-X-1918 30-X- 1918 31-XII-1918
    200 coroas 168 x 100 mm Modelo feminino. Padrón liso ou ondulado.
    10.000 coroas 191 x 127 mm Modelo feminino. Modelo feminino. 2-XI-1918 19-XII-1918

Billetes contramarcados logo da fin do ImperioEditar

 
Billete coa contramarca de Checoslovaquia

Logo da disolución do Imperio, non só Austria e Hungría contramarcaron os billetes da coroa austrohúngara para limitar o seu uso ás novas fronteiras en tanto que non se creaban as novas moedas nacionais, senón que o mesmo sucedeu noutras áreas do extinto imperio:[2]

ChecoslovaquiaEditar

A primeira República de Checoslovaquia utilizou uns selos adhesivos colocados sobre os billetes austrohúngaros como primeira versión da coroa checoslovaca, ata que o 15 de abril de 1919 creou oficialmente a coroa checoslovaca cunha equivalencia á par coa antiga coroa do Imperio. Hoxe a coroa (koruna) segue a ser a unidade monetaria oficial da República Checa e foino tamén de Eslovaquia ata a adopción do euro.

FiumeEditar

Artigo principal: Coroa de Fiume.
 
Billete coa contramarca de Fiume

No Estado Libre de Fiume (na actual Croacia), a autoridade do Consello Nacional Italiano, que gobernaba a cidade, acordou o 18 de abril de 1819 a creación da coroa de Fiume ou corona fiumana (abreviada Cor. ou FiuK). Con tal propósito, reestampáronse en 1919 e 1921 billetes dunha e de dúas coroas austrohúngaras, e en 1920 os valores de 2, 10, 20, 50, 100 e 1.000 coroas. Estes billetes contramarcados estiveron en circulación ata febreiro de 1921 e, xa antes, en setembro de 1920, introducírase no territorio a lira italiana como moeda oficial, cunha taxa de cambio de 0,40 liras por coroa.[3][4][5]

RomaníaEditar

 
Billete coa contramarca de Romanía

En Romanía houbo dúas emisións de billetes mediante a estampaxe de billetes austrohúngaros, ambas en 1919: a primeira destas emisións provisionais consistiu na colocación dun selo na face austríaca dos billetes, en tanto que na segunda se colocou na face húngara. Os valores reestampados foron 10, 20, 50, 100, 1.000 e 10.000 coroas das emisións de coroa austrohúngara de 1902 a 1918.[6]

Croacia, Eslovenia e Bosnia e HerzegovinaEditar

Nestes territorios, que se converteron en parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos en 1918 (máis tarde Iugoslavia), as novas autoridades reestamparon os billetes do imperio para seren usados coa denominación de coroa serbia, croata e eslovena, moeda que en 1920 foi substituída polo dinar, cunha taxa de cambio de 1 dinar = 4 coroas.

NotasEditar

  1. "Information about currency: Austro-Hungarian Krone". Online Coin Club.
  2. Roberts, R. (2011). "A stable currency in search of a stable Empire? The Austro-Hungarian experience of monetary union". En History and Policy. 1 de outubro.
  3. Cuhaj, G. S. (2009). Páxinas 592-593.
  4. Emoroso, O. (2015). "Il caos valutario del periodo interalleato: dalla corona ungherese a quella fiumana". En FiumeFil. 29 de outubro.
  5. Emoroso, O. (2017). "La riforma monetaria del periodo dannunziano a Fiume". En FiumeFil. 17 de novembro.
  6. Cuhaj, G. S. (2009). Páxina 939.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Adamovszky István. (2006). A koronarendszer 1892-1925. Budapest (2006). ISBN 963-060-464-7
  • Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7
  • Books, L. L. C. (2010). Currencies of Austria-Hungary: Austro-Hungarian Krone, Austro-Hungarian Gulden, Banknotes of the Austro-Hungarian Krone. General Books LLC. ISBN 9781158262533
  • Cuhaj, G. S. (2009). Standard Catalog of World Paper Money Specialized Issues (11 ed.). Krause. ISBN 978-1-4402-0450-0.
  • Cuhaj, G. S. (2010). Standard Catalog of World Paper Money General Issues (1368-1960) (13 ed.). Krause. ISBN 978-1-4402-1293-2.
  • Leányfalusi Károly, Nagy Ádám. (2006). A korona-fillér pénzrendszer – Magyarország fém- és papírpénzei 1892-1925. Magyar Éremgyujtok Egyesülete. Budapest. ISBN 963-229-523-4
  • Rádóczy Gyula, Tasnádi Géza (1992). Magyar papírpénzek 1848-1992. Danubius Kódex Kiadói Kft. ISBN 963-7434-11-9

Ligazóns externasEditar