Bill Stevenson

músico estadounidense

John William Stevenson, nado o 10 de setembro de 1963 en Torrance (California), é un músico e produtor estadounidense. É o batería e un dos compositores da banda californiana de punk rock Descendents. A finais de decembro de 1981, Bill realizou un feixe de concertos con Black Flag, debido a que o seu batería ROBO estaba detido en Inglaterra despois de realizar unha xira alí, e gravou coa banda en varios dos seus álbums ata 1985. Despois centrou a súa atención nos Descendents e tocou con eles ata que Milo Aukerman deixou o grupo en 1987. Despois da saída de Milo, Bill e os outros membros da banda, Karl Alvarez e Stephen Egerton, uníronse ao vocalista Dave Smalley de Dag Nasty e formaron All. All tería dous cantantes máis, Scott Reynolds (1989–1993) e Chad Price (1993–actualidade). Aukerman regresou para o álbum de 1996 Everything Sucks e para o máis recente Cool to Be You. All e Descendents continúan xirando cando llo permiten as carreiras de Stevenson e Aukerman, enxeñeiro de son e bioquímico respectivamente. Porén, pasaron xa uns anos dende a última xira de ámbalas dúas bandas.

Modelo:BiografíaBill Stevenson

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Torrance, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónMira Costa High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbatería, enxeñeiro de son, compositor, actor de cinema, produtor musical, músico, actor, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoPunk rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBatería Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoNew Alliance Records Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2190439 Allmovie: p68177
Last fm: Bill+Stevenson Musicbrainz: 328e3ae5-7d8c-4a01-b2b3-b8f41fb7bb23 Songkick: 2356514 Discogs: 252107 Allmusic: mn0000064877 Editar o valor en Wikidata

Stevenson, xunto con Jason Livermore, é o fundador do estudio de gravación The Blasting Room, situado en Fort Collins, Colorado. Na actualidade Stevenson está involucrado no proxecto paralelo de Russ Rankin, Only Crime, xunto con antigos membros de GWAR e Converge.

Os traballos máis recentes de Stevenson foron a produción do sexto álbum de estudio de Rise Against, Endgame, que foi publicado o 11 de marzo do 2011, e a do último disco de NOFX, Coaster. En agosto do ano 2007 revelou que tiña plans de producir e tocar a batería no seguinte álbum de The Lemonheads, que ata a data aínda non foi editado.