Bieito XI, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Bieito XI, nado en Valdobbiadene en 1240 e finado en Perugia o 7 de xullo de 1304, foi o Papa nº 194 da Igrexa católica, entre 1303 e 1304.
(1352, Treviso) | |
Nome orixinal | (la) Benedictus PP. XI |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1240 Treviso, Italia |
Morte | 7 de xullo de 1304 (63/64 anos) Perugia, Italia |
Causa da morte | veleno |
Lugar de sepultura | Catedral de Perúgia (pt) Monument of Benedictus XI (en) San Domenico (en) |
194º Papa | |
30 de outubro de 1303 – 7 de xullo de 1304 (Gregoriano) ← Bonifacio VIII – Clemente V → | |
Cardeal bispo de Ostia list of bishops of Ostia (en) | |
1300 (Gregoriano) – 1303 (Gregoriano) – Niccolò Albertini → | |
9º Mestre da Orde de Predicadores | |
1296 – 1298 ← Étienne de Besançon (pt) – Alberto de Chiavari (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, frade |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 7 de xullo |
Participou en | |
1303 (Gregoriano) | Conclave de 1303 (pt) |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarChamábase Nicola Boccasini. Ingresou con 14 anos na orde dominicano en Venecia. Destacou pola súa intelixencia como mestre. Foi nomeado prior da Lombardía, e en 1296 o noveno de superior xeral da orde dos Predicadores. Polas súas calidades estivo encargado dunha delicada misión diplomática en Flandres, onde obtivo éxito. A continuación Bonifacio VIII nomeouno cardeal en 1298. Foi bispo de Ostia. Na controversia co rei Filipe o Fermoso de Francia, é un dos cardeais que permaneceu fiel a Bonifacio VIII, co que se refuxiou no castelo de Anagni, sendo feito prisioneiro e forzado sen éxito a abdicar. Á morte de Bonifacio VIII, foi elixido Papa en outubro de 1303.
Moito máis pacífico que o seu antecesor, o seu breve pontificado iniciouse coa absolución da excomuñón ditada contra Filipe o Fermoso de Francia, pero negouse sistematicamente a perdoar os autores materiais da ofensa sufrida polo seu predecesor en Anagni, excomungando tanto a Guillaume de Nogaret, conselleiro do rei francés, como a Sciarra Colonna.
Tras oito meses de pontificado, morreu en xullo de 1304, ó parecer envelenado por orde de Guillaume de Nogaret.
Dos seus oito meses de pontificado, coñécese a anécdota de que a súa nai, pobre e viúva, foi visitalo, para o que foi vestida apropiadamente para ser recibida polo Papa. Este, ó vela, protestou por no recoñecer á pía dama, humildemente vestida, á que tanto quería.
Foi beatificado en abril de 1736 por Clemente XII. O seu nome foi introducido no martiroloxio romano por disposición de Bieito XIV en 1748. A súa festividade ten lugar o 7 de xullo.
As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Concionator patareus (O predicador de Patara), cita que fai referencia á súa pertenza á Orde dos Predicadores.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |