Bión de Esmirna, o último poeta pastoril grego cuxo nome coñecemos.

Bión de Esmirna
Nacemento120 a. C.
Lugar de nacementoEsmirna
Falecemento57 a. C.
NacionalidadeReino de Pérgamo
Ocupaciónpoeta e escritor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Viviu a finais do século -II e é práctica habitual unilo ao poeta pastoril Mosco de Siracusa. Non sabemos practicamente nada da súa vida. Segundo o anónimo Lamento por Bión (atribuído a Mosco), viviu en Sicilia e morreu por envelenamento. Escribiu en hexámetros, en dórico literario, e conservamos dezasete fragmentos dos seus poemas (algúns dos cales poida que estean completos). A partir do Renacemento atribuíronlle o Lamento por Adonis, destinado quizais a ser recitado nun festival. O elemento pastoril na súa obra é escaso, pois a maior parte dos seus poemas son de tema amoroso, tratado con desenfado.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar