Bettye Washington Greene

química afroamericana

Bettye Washington Greene nada en Fort Worth (Texas) o 20 de marzo de 1935[1] e finada e Midland o 16 de xuño de 1995, foi unha química estadounidense. Foi a primeira muller afroamericana cun doutoramento en química que traballou nun posto profesional en Dow Chemical Company,[2] onde investigou látex e polímeros.

Infotaula de personaBettye Washington Greene

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Bettye Washington Editar o valor em Wikidata
20 de marzo de 1935 Editar o valor em Wikidata
Fort Worth, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xuño de 1995 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Midland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal Wayne - fisicoquímica (–1965)
Tuskegee University (en) Traducir - química (–1955) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira , química Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDow Chemical (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Asistiu a escolas públicas segregadas e obtivo unha licenciatura en química en 1955. Tras casar co capitán veterano da Forza Aérea William Miller Greene en 1955, asistiu á Universidade Estatal Wayne en Detroit, onde obtivo o seu doutoramento en Fisicoquímica traballando con Wilfred Heller, a súa tese publicouse en 1965.[3] Foi elixida para Sigma Xi, a Sociedade de Investigación Científica.

En 1965, Greene uniuse ao laboratorio de investigación E. C. Britton de Dow Chemical Company en Midland, Míchigan. Foi a primeira muller afroamericana en unirse á compañía nun posto profesional. En Dow, investigou a química de Coloide e látex, incluídas as interaccións entre o látex e papel.

En 1970 ascendérona a investigadora química sénior en Dow Chemical. En 1973, uniuse á División de investigación de polímeros que podería mellorar látex. Continuou traballando para Dow até finais da década dos 80.

Patentes editar

Greene obtivo varias patentes, incluíndo:[4]

  • 4968740: Adhesivo a base de látex preparado por polimerización en emulsión.
  • 4609434: Folla composta preparada con látex estables que conteñen grupos de superficie de fósforo.
  • 4506057: Látex estables que conteñen grupos de superficie de fósforo.

Notas editar

  1. Black women scientists in the United States. Bloomington, Ind. [u.a.]: Indiana University Press. 1999. pp. 109–110. ISBN 0253336031. 
  2. Stadler, Marta Macho (2023-04-04). "Bettye Washington, la química del látex". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2023-04-07. 
  3. "Surface tension measurements by means of the "microcone tensiometer"" 22 (2). August 1966: 179–194. doi:10.1016/0021-9797(66)90082-8. 
  4. "Patents by Inventor Bettye W. Greene". Justia Patents. Consultado o 22 de marzo de 2014.