Berto González

futbolista español

Alberto "Berto" González García, nado en Avilés o 2 de abril de 1998, é un futbolista español que xoga como extremo esquerdo na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.

Berto
Información persoal
Nome Alberto González García
Nacemento 2 de abril de 1998
Lugar de nacemento Avilés
Altura 1,73 m.
Posición Extremo esquerdo
Información de club
Club actual Cultural Leonesa
Número 16
Carreira xuvenil
Avilés
Sporting de Gijón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2016–2021 Sporting de Gijón B 86 (28)
2019–2022 Sporting de Gijón 18 (0)
2022–2023 Alcorcón 31 (5)
2023– Cultural Leonesa 8 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como futbolista nas canteiras do Avilés e do Sporting de Gijón e na tempada 2016/17 debutou co Sporting B na Terceira División. Co filial sportinguista conseguiu ese ano o ascenso á Segunda División B e militou nel nas seguintes catro campañas.[1]

En novembro de 2019 debutou co primeiro equipo do Sporting na Segunda División, substituíndo a Aitor García nun empate sen goles ante Mirandés.[2] Na campaña 2021/22 subiu definitivamente ao primeiro equipo, co que disputou un total de 21 encontros.

En xullo de 2022 asinou contrato co Alcorcón, da Primeira División RFEF, no que militou durante unha tempada, conseguindo o ascenso á Segunda División.[3] Contribuíu cun total de 33 partidos e 5 goles, un deles na promoción de ascenso ante a Real Sociedad B. No verán de 2023 fichou pola Cultural Leonesa, da mesma categoría.[4]

Notas editar

  1. Ráez, Cristóbal (2 de decembro de 2019). "Berto y Gragera: dos perlas que quieren seguir brillando" (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  2. Castillo, Aitor (30 de novembro de 2019). "Ni Mirandés ni Sporting aciertan bajo el diluvio en Anduva". Marca (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  3. "Berto, nuevo refuerzo para la A.D. Alcorcón" (en castelán). 7 de xullo de 2022. Consultado o 15 de xaneiro de 2024. 
  4. Pérez Cillero, Diego (Diego Pérez Cillero). "Berto González: «Llona tiene una idea de juego que me viene muy bien»" (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2024.