Bertalan Farkas, nado en Gyulaháza o 2 de agosto de 1949, foi o primeiro astronauta húngaro. Formou parte das misións Soiuz 36 e Soiuz 35. Pasou un total de 7,86 días no espazo.[1]

Bertalan Farkas
Datos persoais
Nacemento2 de agosto de 1949
LugarGyulaháza
Actividade
MisiónsSoiuz 36 e Soiuz 35
Tempo no espazo7,86 días
PremiosOrde de Lenin, Heroe da Unión Soviética e Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo"
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Farkas graduouse na facultade de Aeronáutica, en Szolnok, en 1969. En 1972 graduouse na Facultade da Forza Aérea en Krasnodar, Rusia. Chegou a xeneral de brigada na Forza Aérea de Hungría. Foi elixido como primeiro húngaro en ir ao espazo na misión Soiuz 36, en 1986, no marco do programa Interkosmo. Tras case oito días volveu á Terra na misión Soiuz 35.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2019). "Farkas Bertalan 'Bertsi'" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar