Bernhard Meyer
Bernhard Meyer, nado o 24 de agosto de 1767 en Hanau, Hesse (Alemaña), e finado o 1 de xaneiro de 1836 preto de Offenbach am Main (literamente, "Offenbach do Meno"), foi un médico, botánico e zoólogo (ornitólogo e teriólogo) alemán.
Bernhard Meyer | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1767 |
Lugar de nacemento | Hanau, Hesse (Alemaña) |
Falecemento | 1 de xaneiro de 1836 |
Lugar de falecemento | preto de Offenbach am Main |
Nacionalidade | alemá |
Ocupación | médico, botánico e zoólogo (ornitólogo e teriólogo) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Meyer primeiro traballou como médico e, máis tarde, fundou unha empresa farmacéutica. Con este negocio fixo fortuna, e daquela dedicouse en exclusiva desde entón á historia natural. Meyer foi o coautor, xunto con Gottfried Gaertner e Johannes Scherbius, de Oekonomisch-technische Flora der Wetterau (1799), obra na que lle deu o nome científico a numerosas plantas. Tamén foi o coautor, xunto con Johann Wolf, de Naturgeschichte der Vogel Deutschlands (1805), e de Taschenbuch der Deutschen Vogelkunde (1810).
Entre os numerosaon taxon da súa autoría, foi o descritor da orde dos piciformes, da clase das aves.
AbreviaturasEditar
BotánicaEditar
A abreviatura B.Mey. emprégase para indicar a Bernhard Meyer como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[1]
ZooloxíaEditar
A abreviatura Meyer emprégase para recoñecer a Bernhard Meyer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bernhard Meyer |
BibliografíaEditar
- Erwin Stresemann (1975): Ornithology, from Aristotle to the present. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. ISBN 0-6746-4485-9.