Bernardo de Toledo

(Redirección desde «Bernardo de Sedirac»)

Bernardo de Toledo, tamén coñecido como Bernardo de Sedirac, nado en Agen e finado en Toledo en 1125, foi un monxe cluniacense que serviu nos mosteiros de Auch e Cluny.

Bernardo de Toledo
Nacemento1040
Lugar de nacementoLa Sauvetat
Falecementoabril de 1128 e 6 de xuño de 1124
Lugar de falecementoToledo
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

No ano 1080 Hugo de Cluny enviouno á Península Ibérica como abade do mosteiro real de Sahagún. Tras a conquista de Toledo foi nomeado (1086) o seu arcebispo e conseguiu do papa Urbano II no 1088 a conversión da sé metropolitana de Toledo en primada de España e no 1093 foi nomeado legado papal para Hispania. O arcebispo Xelmírez e el estiveron en permanente enfrontamento.