Bernardino Temes
Bernardino Temes Fernández, nado en Ourense en 1876 e finado na mesma cidade o 19 de outubro de 1960, foi un doutor galego, especializado en pediatría.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1876 Ourense, España |
Morte | 19 de outubro de 1960 (83/84 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarA familia Temes era unha importante familia ourensá de médicos e farmacéuticos. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1898. Posteriormente comeza a traballar no Hospital Médico Provincial de Ourense e participa nas primeiras iniciativas de atención médica gratuíta da cidade de Ourense, nas que exerce a responsabilidade da atención pediátrica. Foi presidente do Colexio de Médicos entre 1929 e 1930. En 1934 substitúe a Manuel Peña Rey como director dos organismos de Beneficiencia, e en 1936, logo das eleccións onde venceu a Fronte Popular, é substituído por Peña Rey.
A súa figura é lembrada nunha rúa do leste da cidade de Ourense, que bordea as antigas instalacións do Hospital Provincial de Ourense, actualmente no barrio das Lagoas.