Bernabeu, apóstolo
Bernabeu, tamén coñecido polas variantes Bernabel e Bernabé[1], (grego antigo: Βαρναβᾶς) foi un dos primeiros cristiáns mencionados no Novo Testamento. Aquí preséntase como un apóstolo orixinario de Chipre, membro da tribo de Leví.[2] Viviu durante o século I.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I Salamina (Imperio Romano) |
Morte | 61 Salamina (Imperio Romano) |
Causa da morte | morte na fogueira |
Lugar de sepultura | Illa de Chipre |
Bispo | |
Arcebispo | |
Arzobispo de Nova Justiniana y Todo Chipre (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | presbítero |
Membro de | |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 11 de xuño |
Descrito pola fonte | De viris illustribus Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Enciclopédia Judaica de Brockhaus e Efron (pt) |
Orixes
editarO seu nome orixinal era Xosé, o Levita, e os apóstolos cambiárono por Bernabeu (Feitos 4:36), que significa Fillo da Consolación.[3]
Os Feitos dos Apóstolos afirman, no capítulo 4 versículos 34 a 37, que Bernabeu vendeu a leira que tiña. O que obtivo desta venda entregoullo aos apóstolos para distribuír entre os pobres.
Foi un gran colaborador de San Paulo. Bernabeu apoiouno perante o resto da comunidade de apóstolos, ao seu regreso a Xerusalén tres anos despois da seu conversión (Feitos 9:27).[3]
Non se atopa entre os doce elixidos por Xesucristo, pero probablemente foi un dos setenta discípulos mencionados no Evanxeo. Bernabeu é considerado apóstolo polos primeiros Pais da Igrexa.
Labor con Paulo
editarMarchou a Tarso e asociouse con San Paulo. Regresaron a Antioquía, onde permaneceron por un ano ensinando (Feitos 11:25-26). Antioquía converteuse en gran centro de evangelización e onde por primeira vez se lle chamou cristiáns aos seguidores da doutrina de Cristo.
Volveron a Xerusalén enviados polos cristiáns da florecente igrexa de Antioquía, cunha colecta para os que estaban a pasar fame en Xudea (Feitos 11:27-30).
Despois de xaxún e oración, Paulo e Bernabeu recibiron a misión e a imposición de mans (Feitos 13:3). Partiron acompañados de Xoán Marcos, futuro evanxelista, que era fillo de María do Cenáculo (Feitos 12:12) e sobriño de Bernabé (Colosenses 4:10). O tres foron a predicar a outros lugares, entre estes Chipre, a patria de Bernabé. Alí converteron ao procónsul romano Serxio Paulo, e a Saulo noméaselle por primeira vez, na Biblia, como Paulo en razón de que estando nun ambiente grecorromano, usa o seu nome Romano (Feitos 13:9-20).
Posterior actividade misioneira
editarAnte o segundo viaxe misioneiro, xurdiu un conflito aberto entre Paulo e Bernabeu. Bernabeu quería levar o seu sobriño Xoán Marcos, e Paulo opúñase porque os abandonou en metade da primeira viaxe (por medo a tantas dificultades). Por iso decidiron separarse. San Paulo foise á súa proxectada viaxe con Silas, e Bernabeu partiu cara a Chipre con Marcos. Dado que Feitos non menciona en absoluto o incidente do que fala Pablo en Gálatas, só podemos intuír que entre Paulo e Bernabeu xa se produciu un certo distanciamento previo.
Martirio
editarAlgunhas tradicións tardías e algúns apócrifos (como o libro dos Feitos de Bernabeu) falan de que acompañou ao apóstolo Pedro na súa viaxe a Roma, e despois fundou a comunidade de Milán. Outras máis falan do seu martirio, cara ao ano 70, en Salamina, na illa de Chipre, por man dos xudeus da diáspora, que o lapidaron.[4]
A realidade é que todo o que se sabe con seguridade sobre Bernabeu, son os escasos datos que se nos dá sobre el no Novo Testamento.
Galicia
editarÉ titular de seis parroquias galegas.[1]
Tamén está presente na tradición oral, pois o seu día adoita considerarse idóneo para a sega do centeo[1]:
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo.
- ↑ Feitos 14:14: "Os apóstolos Paulo e Bernabé, en canto se decataron, racharon os seus vestidos e correron cara á xente."
- ↑ 3,0 3,1 Abad, Xoán C. (2022). In hac lacrimarum valle. Guía ilustrada para recoñecer os santos patróns dos templos da provincia de Pontevedra. Instituto de Estudos Vigueses.
- ↑ Cross, F.L. (2005). F.L. Cross and E.A. Livingstone, ed. "Barnabas." (en inglés) (2009 ed.). Oxford University Perss. ISBN 9780192802903.