Abrir o menú principal
Porca berkshire nunha granxa nas proximidades de Doune, en Escocia.

O porco berkshire é unha raza de porco doméstico orixinaria de Gran Bretaña. É moi escasa no Reino Unido e en Nova Zelandia existen non máis dun cento de cabezas de pura raza berkshire.

Índice

CaracterísticasEditar

Os porcos berkshire son uns porcos temperáns de cor negra uniforme, que presentan frecuentemente as patas, a cara e a punta do rabo de cor branca. As orellas son bastante grandes, e poden telas tesas ou lixeiramente caídas cara adiante. O fociño é de tamaño medio. Non teñen enrugas no pescozo e as omoplatas están ben orientadas. Son de perna curta e dereita, e o ventre tamén é recto.

HistoriaEditar

Dise da raza berkshire que é a máis antiga raza de porco de Gran Bretaña. Son orixinarios das rexións de Faringdon e Wantage, no condado inglés de Berkshire (hoxe Oxfordshire. A lenda di que se fixeron populares logo de que as tropas de Oliver Cromwell se aproveitasen deles mentres paraban en Reading durante a Guerra Civil inglesa.

O personaxe de Napoleón, na novela de George Orwell A revolta dos animais, é un berkshire.

Véxase taménEditar