Beoning

filme de 2018 dirixido por Lee Chang-dong

Beoning (en coreano: 버닝) é un filme surcoreano de 2018 co-escrito, co-producido e dirixido por Lee Chang-dong. Baséase na historia curta "Barn Burning" de The Elephant Vanishes, do autor Haruki Murakami. Está protagonizado por Yoo Ah-in, Steven Yeun e Jeon Jong-seo.

Beoning
Director e actores no festival de Cannes (2018)
Ficha técnica
Título orixinal버닝
DirectorLee Chang-dong
Produtor
  • Lee Joon-dong
  • Lee Chang-dong
Guión
  • Oh Jung-mi
  • Lee Chang-dong
Baseado en"Barn Burning" de Haruki Murakami
Intérpretes
MúsicaMowg
FotografíaHong Kyung-pyo
Montaxe
  • Kim Hyeon
  • Kim Da-won
Estudio
  • Pinehouse Film
  • Now Film
  • NHK
DistribuidoraCGV Arthouse[1]
EstreaFestival de Cannes: 16 de maio de 2018
17 de maio de 2018
Duración148 minutos
Orixe Corea do Sur
XéneroDrama e suspense psicolóxico
Recadación7,1 millóns de dólares[2]
Na rede
https://www.burning-movie.com/, http://www.thunderbirdreleasing.com/catalogue/burning/ e http://burning-movie.jp/
IMDB: tt7282468 Filmaffinity: 813325 Allocine: 260398 Rottentomatoes: m/burning_2018 Mojo: burning Allmovie: v703239 Metacritic: movie/burning TV.com: movies/burning
Facebook: BurningMovieUS Twitter: burningmovieus Instagram: burningmovie Netlix: 81015498Editar o valor em Wikidata

É o primeiro filme dirixido por Lee en oito anos, e estreouse o 16 de maio de 2018 no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2018, onde competiu pola Palma de Ouro; acabou recibindo o Premio FIPRESCI do festival. Estreouse o día seguinte nos cinemas de Corea do Sur.

Recibiu a aclamación universal da crítica, particularmente pola sensación de inquietude e as narracións e interpretacións ambiguas. Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Aínda así converteuse no primeiro filme surcoreano en clasificarse na lista curta de decembro. Entre os numerosos galardóns e recoñecementos, foi incluído en moitas listas dos "dez mellores" filmes de 2018, como a de The New York Times, LA Times e Associated Press.

Sinopse editar

Un mozo aspirante a novelista, Lee Jong-su ten traballos ocasionais en Paju. Un día atópase con Shin Hae-mi, unha veciña da infancia e compañeira de infancia, que inicialmente non lembra. Porén, ela dille que se someteu a cirurxía plástica. Jong-su recórdaa e dálle un reloxo que gañara nun sorteo. Ela fálalle da súa próxima viaxe a África e pídelle que alimente o seu gato mentres ela non está.

Personaxes editar

  • Yoo Ah-in como Lee Jong-su
  • Steven Yeun como Ben
  • Jeon Jong-seo como Shin Hae-mi
  • Kim Soo-Kyung como Yeon-ju
  • Choi Seung-ho como Lee Yong-seok
  • Moon Sung-keun como avogado
  • Min Bok-gi como xuíz
  • Ban Hye-ra como nai de Jong-su
  • Lee Bong-ryun como irmá de Hae-mi

Notas editar

  1. Noh, Jean (23 de maio de 2018). Screen International, ed. "Cannes jury grid hit 'Burning' scores key deals including UK, Japan and Spain". Consultado o 24 de maio de 2018. 
  2. "Beoning (2018)". The Numbers. Consultado o 8 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar