Haruki Murakami
Haruki Murakami (en xaponés 村上 春樹, むらかみ はるき Murakami Haruki), nado en Quioto o 12 de xaneiro de 1949, é un popular escritor e tradutor.
Haruki Murakami | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de xaneiro de 1949 |
Lugar de nacemento | Quioto |
Nacionalidade | Xapón |
Alma máter | Universidade de Waseda |
Ocupación | lingüista, novelista, escritor, tradutor, ensaísta, atleta, profesor universitario, escritor de ciencia ficción e prosista |
Coñecido por | Caçando carneiros, Norwegian Wood, The Wind-Up Bird Chronicle, Kafka à beira-mar, 1Q84, Killing Commendatore, Do que estou a falar cando falo de correr e Colorless Tsukuru Tazaki and His Years of Pilgrimage |
Premios | Premio Franz Kafka, Prémio Yomiuri, Prémio Tanizaki, Premio Xerusalén, Noma Literary New Face Prize, World Fantasy Award for Best Novel, Frank O'Connor International Short Story Award, Prémio de literatura Hans Christian Andersen, Hideo Kobayashi Sho, Prêmio Internacional Catalunha, sen etiquetar, Asahi Prize, Time 100, Ignotus Award for Best Foreign Novel, Commandeur des Arts et des Lettres e Prix mondial Cino Del Duca |
Na rede | |
https://www.harukimurakami.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Frecuentou a Universidade de Waseda, en Toquio, dedicandose sobre todo aos estudos teatrais. Antes de terminar o curso, abriu un bar de jazz chamado Peter Cat, á fronte do cal se mantivo entre 1974 e 1982. En 1986, partiu para a Europa e despois para os EUA, onde foi para impartir clases na Universidade Princeton e onde acabaría por quedar a vivir.
Escribiu a súa primeira novela - Hear the Wind Swing - en 1979, mais sería en 1987, con Norwegian Wood, que o seu nome se tornaría famoso no Xapón. Escritor particularmente influenciado pola cultura occidental, Murakami traduciu para o xaponés obras de F. Scott Fitzgerald, Truman Capote, John Irving e Raymond Carver.
En GalizaEditar
Murakami viaxou a Santiago de Compostela en 2009.[1] “Os alumnos dun instituto [o IES Rosalía de Castro] elixiron 'Kafka na beiramar' (2002) como libro do ano e viaxei a recibir o premio [Premio San Clemente]. Sempre o recordo: eran rapaces moi intelixentes. Gustoume Galiza; os mariscos e o viño son estupendos”.[2]
ObrasEditar
- Hitsuji o meguru bōken (羊をめぐる冒険, 1982)
- Noruwei no mori (ノルウェイの森, 1987)
- Dansu dansu dansu (ダンス・ダンス・ダンス, 1988)
- Andāguraundo (アンダーグラウンド, 1998)
- Spūtoniku no koibito (スプートニクの恋人, 1999)
- Umibe no Kafuka (海辺のカフカ, en galego Kafka na beiramar, 2002)
- Nejimaki-dori kuronikuru (ねじまき鳥クロニクル, 2006)
- Tras do solpor (アフターダーク, 2008)
- Do que estou a falar cando falo de correr (走ることについて語るときに僕の語ること, 2009)
- 1Q84 (2011)
NotasEditar
- ↑ "Éxito arrollador de Murakami en Compostela". Editorial Galaxia. 2009-05-28. Consultado o 2022-08-21.
- ↑ Garzón, Raquel (2019-02-01). "Haruki Murakami: “El trabajo de un novelista es soñar despierto”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-08-21.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Haruki Murakami |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |