Abrir o menú principal

Benxamín Casal

escritor, economista e político galego
(Redirixido desde "Benxamín Casal Vila")

Benxamín Casal Vila, nado o 12 de xaneiro de 1935 en Lugo e finado o 30 de agosto de 2013 na mesma cidade, foi un intelectual, escritor, economista e político galego.

Benxamín Casal
Nacemento12 de xaneiro de 1935
 Lugo
Falecemento30 de agosto de 2013
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, político e empresario
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Licenciado (1962) e doutorado (1967) en Enxeñería Agrónoma pola Universidade de Madrid. En 1970 acadou tamén a licenciatura en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor na Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo (1968-1972) e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo (1988). Membro do grupo Brais Pinto, foi conselleiro de Enerxía e Industria (1978-79) da Xunta preautonómica e deputado no Parlamento de Galicia (1981-1985) como galeguista histórico polo PSdeG.

Foi vicepresidente e posteriormente presidente da Editorial Galaxia, así como director da Gran Enciclopedia Galega entre 2003 e o seu falecemento en 2013. Escribiu artigos na Revista Galega de Estudios Agrarios, Desarrollo Agrícola, El Progreso, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego.

 
A Galicia Campesina, BBdCG.

ObraEditar

  • A incidencia en Galicia do Plan Enerxético Nacional (1978, Xunta de Galicia).
  • Achegamento á Minería Galega (1979, Xunta de Galicia).
  • A Terra Cha luguesa. Estudio da súa realidade agraria (1984, Seminario de Estudios Galegos).
  • A Galicia campesina (1984, Biblioteca Básica da Cultura Galega)
  • O campo galego (1992, Biblioteca 114, El Correo Galego).
  • Tradutor de Galicia: Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario, 2 vols. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria-Caixanova. 2001, 1407 páxs (ISBN 84 4532 7690) de Abel Bouhier.[1]

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar