Bentor
Bentor ou Ventor, mencey de Taoro e fillo de Bencomo (Tenerife, Illas Canarias), un dos últimos reis tribais que se enfrontaron polas armas á conquista de Tenerife por parte de Alonso Fernández de Lugo, o adiantado dos Reis Católicos nas illas. Naceu arredor do ano 1463 e morreu trala segunda batalla de Acentejo, en decembro de 1494. Suicidouse seguindo o ritual guanche, botándose pola ladeira de Tigaiga. Coa súa morte deuse por finalizada a conquista das Illas Canarias.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1463 (Gregoriano) Tenerife, España |
Morte | febreiro de 1496 (Gregoriano) (32/33 anos) Los Realejos, España |
Mencey | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de tempo | Guanche |
Familia | |
Pai | Adjoña |
Antroponimia
editarTamén aparece rexistrado como Ventor, Bentore o Bentorey. O historiador Juan Bethencourt Alfonso recólleo como Benytomo. Porén, esta era a grafía orixinal do nome Bencomo, conforme figura en documentos daqueles tempos.[2][1]
Segundo o filólogo Ignacio Reyes, o nome pode traducirse por 'o que se botou polo barranco'.[3]
Traxectoria
editarFamilia
editarBentor foi fillo de Bencomo. Conforme os documentos da época, sábese que tivo, polo menos, dous fillos: un varón que foi convertido en escravo e unha muller que o tentou liberar, aínda que non se conservan os seus nomes. Algunhas investigacións suxiren que Ana Gutiérrez, avoa de Antón de Mena Benchorhe e Ana Bentor de Mena, puido ser filla do último mencey de Taoro.[4]
Conquista castelá
editarBentor participou, xunto co seu pai, Bencomo, nos enfrontamentos que tiveron lugar durante a conquista da illa.
Na segunda gran batalla, coñecida como Batalla de Aguere, morre o mencey Bencomo. Bentor é elixido polos guanches de Taoro como sucesor contra novembro de 1495. Encárgase tamén de liderar os bandos de guerra.[1]
Pouco despois da batalla, o capitán castelán Alonso Fernández de Lugo enviou a Fernando Guanarteme, antigo mencey de Gáldar, a negociar con Bentor, mais este negouse a entregarlle o territorio,[1] como se pode ler en documentos da época:[5]
...cuando fue el día del desbarato de los guanches, cuando mataron a el rey grande que se llamaba el rey Venitomo de Taoro, el adelantado e capitán (...) mandó ir el dicho guadnarteme a el rey Ventor, hijo del rey Venitomo, a le requerir que se diese e tomase cristiano, e que le faría toda la cortesía que quisiese (...) E que el dicho guadnarteme (...) volvió con respuesta a el real diciendo que el dicho rey Ventor no se quería dar...
En decembro dese ano, Bentor dirixiu as tropas na que sería a segunda gran derrota dos guanches, a Segunda Batalla de Acentejo. Bentor e os superviventes refuxiáronse nos altos da aba de Tigaiga. Alí, o mencey quitouse a vida botándose do barranco a finais dese ano ou principios de 1496.[1]
As consecuencias inmediatas da súa morte foron o derrubamento da resistencia guanche e a rendición dos menceyes superviventes, no acto coñecido como Paz de Los Realejos.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Rumeu de Armas, Antonio (1975). La Conquista de Tenerife (1494-1496). Santa Cruz de Tenerife: Cabido Insular de Tenerife. ISBN 84-500-7108-9. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2017. Consultado o 02 de febreiro de 2022.
- ↑ Bethencourt Alfonso, Juan (1991) [1912]. Manuel A. Fariña González, ed. Historia del pueblo guanche III: La conquista de las Islas Canarias (2ª ed.). San Cristóbal de La Laguna: Francisco Lemus. ISBN 84-879-7310-8.
- ↑ Reyes García, Ignacio (2011). Diccionario Ínsuloamaziq. Santa Cruz de Tenerife: Fondo de Cultura Ínsuloamaziq. ISBN 978-84-615-0960-7.
- ↑ Rosa Olivera, Leopoldo de la (1977). "La familia del Rey Bentor". Anuario de Estudios Atlánticos (As Palmas de Gran Canaria: Patronato de la Casa de Colón) (23): 421–441. ISSN 0570-4065. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2022. Consultado o 02 de febreiro de 2022.
- ↑ Chil y Naranjo, Gregorio (1891). Gaspar y Roig, ed. Estudios históricos, climatológicos y patológicos de las Islas Canarias III. As Palmas de Gran Canaria: Isidro Miranda. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 02 de febreiro de 2022.