Bentejui foi un líder guerreiro de Gran Canaria, que se resistiu militarmente á conquista da illa por parte dos conquistadores enviados pola Coroa de Castela. Naceu arredor do 1450, no Guanartemato de Gáldar, preto da actual cidade de Gáldar, en Gran Canaria e morreu o 29 de abril de 1483.

Infotaula de personaBentejuí

Estatuas de Bentejuí e Tazarte
Biografía
Nacemento1460 ou 1461
Telde, Gran Canaria, (Illas Canarias)
Morte29 de abril de 1483
Ansite, Gran Canaria, (Illas Canarias)
Actividade
OcupaciónGuanarteme de Gran Canaria (1481-1483)

Historia editar

Tralo fin da resistencia aborixe no interior da illa en 1481, e a captura de Tenesor Semidán, guanarteme de Gáldar, por parte de Alonso Fernández de Lugo, asínase o tratado chamado Carta de Calatayud entre Tenesor, como representante do Reino das Canarias, e Fernando o Católico, Rei de Aragón, en nome dos Reinos das Españas, polo que as Illas Canarias pasan a ser parte da Coroa de Castela e os mandos do exército español destinados nas Canarias obteñen terras, así como tamén os diferentes guanartemes, menceyes ou reis tribais, que quedan como responsables políticos.[1]

Ó caer Gáldar, a resistencia aborixe contra o tratado con España trasládase ás zonas montañosas do interior, onde Bentejuí, contando co apoio do faycán de Telde e da princesa galdense Guayarmina Semidán, organiza a última resistencia nos altos rochosos da illa.

Tenesor reúnese con eles, para tratar de convencelos de que cesen na rebelión: o 29 de abril de 1483, conversa con Guayarmina Semidán, descendente como el dos Semidán, e con Bentejuí na fortaleza de Ansite.[2] Trala reunión, Guayarmina baixa e entrégase, mentres que Bentejuí e o faycán de Telde se suicidan seguindo o ritual guanche, despeñándose polo barranco de Atis Tirma, así chamado por ser esa a frase que a tradición narra que berraron cando se lanzaron ó baleiro ("Viva a Montaña sagrada").[1]

Coa súa morte, remata toda resistencia armada e organizada á conquista de Gran Canaria por parte dos Reis Católicos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mónica Acosta Betancor y Felipe Ros Brandon, 29 de Abril-3 de mayo, Dos fechas y un mismo símbolo. 1999
  2. Abreu y Galindo, J. de, Historia de la conquista de las siete islas de Canarias, en A. Cioranescu (ed) Goya ediciones, Tenerife, 1977

Filmografía editar

Ano Filme Director Personaxe
1954 Tirma Paolo Moffa
Carlos Serrano de Osma
Gustavo Rojo

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar