Benito García Dorgambide
avogado e político galego
Benito García Dorgambide, nado en Baión (Vilanova de Arousa) o 28 de maio de 1926 e finado en Santiago de Compostela o 12 de febreiro de 1991,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1926 Baión, España |
Morte | 12 de febreiro de 1991 (64 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Dolores García Giménez |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola USC. Exerceu como avogado en Vilagarcía de Arousa. Foi un dos fundadores do Partido Socialista Popular en Galicia en 1971, do que foi secretario provincial de Pontevedra. Foi elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas primeiras eleccións autonómicas polo PSdeG-PSOE.[2]
Vida persoal
editarCasou con María Dolores Giménez Pérez Galdós e foi pai da tamén política Dolores García Giménez.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 13-2-1991, p. 54.
- ↑ "García Dorgambide, Benito". Fundación Pablo Iglesias (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 166–168. ISBN 84-7507-044-2.