Belga (moeda)

antiga moeda belga (1926-1946)
Belga (moeda) †
Belga
500 Belgian francs, 100 belgas, obverse-1943.jpg
Ámbito:Bélxica Bélxica
Luxemburgo Luxemburgo
Fracción:5 francos belgas
Moedas:1, 2 e 4 belgas.
Billetes:1, 2, 10, 20, 100, 200, 2.000 belgas.
Emisor:Banco Nacional de Bélxica
Oficial de 1926 a 1946

O belga foi unha unidade monetaria de Bélxica, vixente entre 1926 e 1946, coa equivalencia de cinco francos belgas.[1][2][3][4]

HistoriaEditar

A finais de 1925, Bélxica abandonou a Unión Monetaria Latina, que ata daquela a unira a Francia, Suíza, Italia e Grecia, como consecuencia da constante desvalorización das súas moedas. Co fin de estabilizar o franco belga, o ministro Émile Francqui puxo en marcha un programa cuxa primeira medida consistiu na creación do belga, co valor de cinco francos, mediante o decreto do 25 de outubro de 1926.[5] Esta nova unidade debería substituír o franco belga no mercado de cambio internacional. Tales medidas pretendían tomar distancia en relación ao franco francés, daquela nunha situación moi inestable.[1][2][3]

Os billetes de banco e de tesouraría mantiveron a dobre denominación (en francos e en belgas) desde 1927 ata a fin da segunda guerra mundial. Entre 1930 e 1934 cuñáronse tres valores en moeda metálica, tamén coa dobre denominación.[1][2][3]

Porén, a realidade foi que nin a poboación belga nin os mercados asumiron a nova moeda, que finalmente foi derrogada mediante un decreto do 8 de xaneiro de 1946.[1][2][3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Le belga". En Musée. Banque National de Belgique.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Leeuwerck, F. (2011).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Collinet Ph. (1994-1995).
  4. Le franc belge: Encyclopédie des monnaies de circulation belges. Monnaie royale de Belgique. Bruxelas, 1999. Páxina 59.
  5. "Le statut monétaire de la Belgique". En Bulletin d'information et de documentation. Ano XXXII. Vol. 1. N° 6. Xuño de 1957. Páxina 443.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Collinet Ph. (1994-1995). “Le belga: unité monétaire de 1926 à 1946”. En Vie numismatique. Alliance Européenne Numismatique (AEN). Decembro de 1994 (páxinas 306-317) e abril de 1995 (páxinas 150-162).
  • Leeuwerck, F. (2011). "Twenty years of Belgas". En CoinsWeekly. 6 de xullo.