Belén Feliú

escritora galega

Belén Moreno Feliú, coñecida como Belén Feliú, nada na Coruña en 1961 e finada en Santiago de Compostela o 23 de setembro de 1997,[1] foi unha escritora galega.

Belén Feliú
Nacemento1961
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento23 de setembro de 1997
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprofesora de ensino secundario e escritora
IrmánsPaz Moreno Feliu
Na rede
Dialnet: 3174733
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciada en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid e en literatura francesa pola Universidade de Tolosa, exerceu como profesora de Filosofía no IES Otero Pedrayo de Ourense e no IES Fontexería de Muros. Autora de diversos ensaios críticos, colaborou cos seus relatos en revistas literarias, tales como Festa da Palabra Silenciada, Dorna ou La Ortiga.

É autora dunha soa obra publicada, Da Guenizah (Espiral Maior, 1998), un libro de relatos editado en edición póstuma.

Vida persoal editar

É irmá de Paz Moreno Feliu.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 24-9-1997, p. 50.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar