Beatriz Santana

Beatriz Santana González-Dopeso, nada na Coruña o 18 de xuño de 1965, é unha actriz, directora e guionista galega. É filla do famoso tenista Manolo Santana e da galega María Fernanda González-Dopeso.

Beatriz Santana
Nacemento18 de xuño de 1965
LugarA Coruña
NacionalidadeEspaña
Profesióndirectora de cine, guionista e actriz
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Entre 1994 e 1995 estudou na Escola de Letras de Madrid, e ó ano seguinte formouse na Escola de Imaxe e Son da súa cidade natal.

Ten traballado como actriz en series de televisión nacionais destacando o seu papel fixo durante varios anos na serie Al salir de clase. En cine rodou ás ordes de directores coma Carlos Romero Marchent José Luis Garci ou o galego Gustavo Balza.

Precisamente en Galicia traballou como guionista de varias das series da TVG como Terra de Miranda ou a exitosa A vida por diante e rodou a TV-movie Secuestrados en Xeorxia (2003) que lle valeu un nomeamento á mellor interpretación feminina protagonista nos Premios Mestre Mateo 2003.

Tamén conta cunha importante experiencia teatral. O último espectáculo no que participou ata o momento foi Misterioso asesinato en Manhattan, en 2007, xunto a Enrique San Francisco, Raúl Cimas entre outros.

Filmografía como actrizEditar

CineEditar

TelevisiónEditar

TeatroEditar

  • Métele caña
  • Un espíritu burlón
  • Todo en el jardín (2003)
  • Por amor al arte (2003)
  • Donde pongo la cabeza (2006)
  • Misterioso asesinato en Manhattan (2007)

Filmografía como guionistaEditar

CineEditar

TelevisiónEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar