Be-Papas ou Be-PaPas (en xaponés: ビーパパス Hepburn: Bīpapasu?) foi un grupo de artistas fundado polo director de anime Kunihiko Ikuhara. Estaba conformado polo propio Ikuhara, a mangaka Chiho Saito, o animador e deseñador de personaxes Shinya Hasegawa, o guionista Yōji Enokido e mais Yūichirō Oguro.[1]

Historia editar

Ikuhara creou Be-Papas no ano 1996 co propósito de producir Shōjo Kakumei Utena 少女革命ウテナ ("Utena, a moza revolucionaria"), un anime orixinal que concibiu tras abandonar o estudo Toei Animation, onde traballou dirixindo series como Sailor Moon. O grupo tamén creou a secuela Shōjo Kakumei Utena: Adoresensu Mokushiroku 少女革命ウテナ アドゥレセンス黙示録 ("Utena, a moza revolucionaria: Apocalipse adolescente").[2]

Be-Papas disolveuse tras o lanzamento da secuela, pero existiu como entidade corporativa até o ano 2001, co gallo de publicar diversos proxectos creados polo seus membros. En concreto, editaron a serie de novelas Sheruburitto シェルブリット ("Schell Bullet", 1999-2000), de Ikuhara e Mamoru Nagano; a light novel Shōnen Ō 少年王 ("O rapaz rei", 1999), de Hasegawa e Enokido; e o manga S to M no Sekai SとMの世界 ("O mundo de S e M", 2001), de Ikuhara e Saito.[2][3]

Notas editar

  1. Animage Editorial Department (1997). "ウテナ白書 ("Dosier Utena")". Animage Extra (en jp). 
  2. 2,0 2,1 "From the Mouths of Babes - Learn what the creators of SKU have to say for themselves.". ohtori.nu. Consultado o 2023-12-06. 
  3. "New Manga from Utena Colaborator". Anime News Network (en inglés). 2023-12-06. Consultado o 2023-12-06. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar