Sheruburitto
Sheruburitto (en xaponés: シェルブリット) é unha novela de Kunihiko Ikuhara. Consta de dous volumes, ilustrados por Mamoru Nagano. O álbum conceptual Schell:Bullet サナフス68 (2000), composto por Tenpei Sato, foi creado como acompañamento para as novelas.
Sheruburitto | |
---|---|
Título orixinal | シェルブリット |
Autor/a | Kunihiko Ikuhara |
Ilustrador/a | Mamoru Nagano |
Orixe | Xapón |
Lingua | Xaponés |
Xénero(s) | Ciencia ficción, mecha |
Editorial | Kadokawa Shoten |
Data de pub. | 1999-2000 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Resumo
editarPor mor dunha manipulación xenética, a sociedade humana segregouse en función dos xenes. Os Majors, humanos intersexuais, manteñen o monopolio do material xenético máis forte; pola súa banda, os Minors son un grupo inferior que mantén o binarismo sexual. Segundo Ikuhara, a súa intención era crear "unha raza que combinase as partes boas de homes e mulleres".[1] O protagonista, Ors Break, finxe ser un Major e logra ser contratado pola empresa de comercio intergaláctico Balt Liner Corporation como piloto de schell, un tipo de mechas bio-orgánicos. Tras ser descuberta a súa condición de Minor, chega a un acordo co seu xefe, o Major Delbee Ibus, para continuar traballando coa organización.[1][2]
Produción
editarSheruburitto foi publicada por Be-Papas tras o lanzamento de Shōjo Kakumei Utena: Adoresensu Mokushiroku 少女革命ウテナ アドゥレセンス黙示録 ("Utena, a rapaza revolucionaria: Apocalipse adolescente", 1999), pouco antes do traslado de Ikuhara aos Ánxeles.[3] Ikuhara e Nagano promocionaron a novela facendo cosplay de personaxes de Sailor Moon durante un evento.[4][5] A pesar de diversas ofertas, a novela nunca chegou a adaptarse en formato de anime.[6]
Obra
editarNovelas
editarSheruburitto foi publicada pola editorial Kadokawa Shoten. A novela consta de dous volumes: ADEN ARABIE (1999) e ABRAXAS (2000). Ambos conteñen ilustracións de Nagano baseadas en personaxes e lugares da obra, así como diagramas dos schells.[2]
N.º | Título | Data de publicación | ISBN |
---|---|---|---|
1 | シェルブリット〈I〉ADEN ARABIE | 01/09/1999 | 978-4048530910 |
2 | シェルブリット〈II〉ABRAXAS | 01/07/2000 | 978-4048531290 |
Schell⋮Bullet サナフス68 | |
---|---|
Álbum de Kunihiko Ikuhara | |
Publicado | 21 de xullo de 2000 |
Duración | 52:40 |
Selo(s) | Starchild Records |
Produtor | Tenpei Sato |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Álbum
editarSchell⋮Bullet サナフス68 (2000) é un álbum conceptual composto por Tenpei Saito. Inclúe as voces de Ikuhara e Maria Kawamura.[7]
Foi publicado por Starchild Records o 21 de xullo do 2000.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "The Place Where Revolutionary Girl Utena Was Born". ohtori.nu. Consultado o 2023-12-06.
- ↑ 2,0 2,1 "Schell Bullet - GEARS Online". www.gearsonline.net. Consultado o 2023-12-06.
- ↑ "Kunihiko Ikuhara to move to United States". Anime News Network (en inglés). 2023-12-06. Consultado o 2023-12-06.
- ↑ "The Mike Toole Show - Gothicmade in Japan". Anime News Network (en inglés). 2023-12-06. Consultado o 2023-12-06.
- ↑ "Sailor Moon staff information". www.usagi.org. Consultado o 2023-12-06.
- ↑ "Interview: Kunihiko Ikuhara". Anime News Network (en inglés). 2023-12-06. Consultado o 2023-12-06.
- ↑ "From the Mouths of Babes - Learn what the creators of SKU have to say for themselves.". ohtori.nu. Consultado o 2023-12-06.