Batalla de Dale
A Batalla de Dale é un conflito militar ficticio que pertence ó legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien e cuxo desenvolvemento é narrado nun dos apéndices da súa novela O Señor dos Aneis. Esta batalla forma parte da trama do videoxogo The Lord of the Rings: The Battle for Middle-earth II.
Batalla de Dale | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de a Guerra do Anel | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Ananos de Erebor Homes de Dale |
Forzas de orcos de Dol Guldur | ||||||||
Líderes | |||||||||
Dáin II Brand Bardo II Thorin III Thranduil |
Xefe orco de Dol Guldur | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
Ananos de Erebor Homes de Dale Soldados do Bosque Escuro |
Trasgos Orcos de Dol Guldur Troles |
Historia
editarDespois da retirada dos exércitos ananos de Esgaroth, o Rei Dáin retira as súas tropas a Dale para preparar a súa defensa. Mentres o exército combinado de ananos e homes se preparaba para defender a cidade, os habitantes de Dale refuxiáronse en Erebor.
Cando os exércitos de Dol Guldur comezan a atacar, os ananos e homes da cidade van retrocedendo ata chegar á porta de Erebor, onde cae o rei Dáin II e o rei Brand defendendo ambos a porta. Trala morte do seus respectivos pais, Thorin III e Bardo II dirixen a defensa feramente aguantando ás hoste de Dol Guldur ata que aparece o rei Thranduil con exércitos elfos do Bosque Escuro e socorre ós ananos. Así o exército combinado rexeita ás forzas de Dol Guldur e salva Erebor. Porén, a cidade de Dale queda destruída, pero máis adiante o novo rei Bardo II vólvea reconstruír. Thorin III "helmo de Pedra" é coroado novo rei de Erebor e tanto Erebor coma Dale convértense en aliados do Reino Unificado.
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |