Batalla de Alcazarquivir
Batalla de Alcazarquivir, tamén transcrito Alcácer-Quibir, Alcácer-Quivir, al Quasr al-kibr, Alcassar, Kasar al Kebir ou Ksar el-Kebir, en árabe: معركة وادي المخازن , ou a Batalla dos Tres Reis[2] (en portugués A Batalha dos Três Reis, en castelán Batalla de los Tres Reyes, en árabe: معركة الملوك الثلاثة ), que tivo lugar no norte de Marrocos, preto de Ksar el-Kebir e Larache, foi unha batalla librada o 4 de agosto de 1578.[3]
Batalla de Alcazarquivir | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Batalla de Alcazarquivir | |||||||
| |||||||
Líderes | |||||||
Sebastián I de Portugal (morto en combate) Muhammad Al-Mutawakil, ex sultán saadita (morto en combate) |
Abd el-Malik, sultán saadita (morto en combate) | ||||||
Forzas en combate | |||||||
20 000 europeos 6000 aliados mouros 40 canóns |
70 000-100 000 | ||||||
Baixas | |||||||
9.000 mortos.[1] 16.000 prisioneiros |
1500 mortos.[1] |
Historia
editarO sultán deposto Abu Abdallah Mohammed II buscou a axuda de Sebastián I de Portugal contra o novo sultán Abu Marwan Abd al-Malik Ia. Sebastián preparou unha cruzada despois de pedir axuda a Abu Abdallah. O tío de Abu Abdallah, Abd Al-Malik, acadou o poder grazas ao apoio otomán.
Consecuencias
editarCando os portugueses fracasaron e o rei morreu sen herdeiro, a dinastía de Avis deu lugar á filipina, que conformou a Unión Ibérica durante 60 anos.
Na cultura popular
editar- A Batalha dos Três Reis é un filme portugués de 2005 dirixido por Miguel Gonçalves Mendes.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Fray Luis Nieto, na Relación de las guerras de Berbería, y del suceso y muerte del Rey D. Sebastián, recompilada en Colección de documentos inéditos para la historia de España, vol. 100, pags. 411-458.
- ↑ "La Batalla de los Tres Reyes en 1578, inicio del mito del sebastianismo portugués ; Diario Calle de Agua". www.diariocalledeagua.com. Consultado o 2022-12-25.
- ↑ Tucker, Spencer (2010). A Global Chronology of Conflict: From the Ancient World to the Modern Middle East (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 978-1-85109-667-1.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Portugal |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Batalla de Alcazarquivir |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Gravuras de Alcácer Quibir | Histórias de Portugal em Marrocos (historiasdeportugalemarrocos.com)