Basilio Fernández Barbazán

debuxante, xornalista e escritor galego

Basilio Fernández Barbazán, nado en Barro (Noia) o 4 de xullo de 1904 e finado no mesmo concello o 6 de abril de 1989, foi un debuxante, xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaBasilio Fernández Barbazán
Biografía
Nacemento4 de xullo de 1904 Editar o valor em Wikidata
Barro, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de abril de 1989 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Noia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista , debuxante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Profesionalmente foi perito agrícola. Na Segunda República foi proposto como candidato republicano para as eleccións a Cortes Constituíntes de 1931,[1][2] aínda que finalmente foi un dos asinantes do Manifesto de Ezquerda Galeguista do 14 de xuño de 1931 que anunciaba a abstención nas eleccións.[3] Foi nomeado xuíz municipal suplente de Noia en xuño de 1931.[4] Colaborou co Seminario de Estudos Galegos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionado e represaliado. Foi xuíz de Paz en Noia, profesor no instituto, escritor en revistas profesionais, foi un dos colaboradores da revista Tapal, onde publicou os seus aforismos co título Denantes. Colaborou en La Noche e agrupou escritos seus coa denominación “Carapolas”, que apareceron en El Correo Gallego. Publicou algúns folletos en edicións non venais como Homes de Noia (1961), Denantes (1961), Homes de Noia II (1968) e Denantes II (1968). Tamén foi debuxante. Escribiu traballos profesionais coma o titulado “Los peritos y el intrusismo”, na Revista Vinícola y Agrícola de Zaragoza en 1935. Na súa vellez participou con Avilés de Taramancos e outros autores da bisbarra no xornal A Barbanza.

Recoñecementos editar

O concello de Noia expuxo os seus debuxos en 1993 e editou un volume cos deseños e textos de Basilio Fernández, prologado por Xaquín Marín. Xosé Agrelo Hermo e Manuel Hermida Iglesias coordinaron o suplemento que lle dedicou a revista Alameda en 2004.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 10-3-1931, p. 11.
  2. El Pueblo Gallego, 19-3-1931, p. 11.
  3. El Pueblo Gallego, 17-6-1931, p. 1, 10.
  4. El Eco de Santiago, 8-6-1931, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar