O Barco do Arroz[1][2] é o nome dado en Andalucía e Estremadura a varias lendas urbanas referentes a barcos cargados con axuda humanitaria que desapareceron misteriosamente, sen chegar ao seu destino. Estas lendas deron orixe a expresión "estar máis perdido que o barco do arroz".

Alcatraz

editar

O Alcatraz foi un barco arxentino enviado na década de 1940 polo goberno de Juan Domingo Perón á España da posguerra.O devandito barco, segundo informou o goberno arxentino, ía cargado de arroz, pero nunca chegou ás costas andaluzas. A versión máis estendida do extravío é o afundimento do barco, que deu orixe ao refrán.

Especúlase tamén que a tripulación do barco quedou con este e o seu contido. Outras versións relatan que a tripulación sufriu unha enfermidade contaxiosa e todos morreron, sen posibilidade de que o cargamento chegase a porto.

O vapor de Cádiz

editar

Cóntase que, na década de 1950, un barco de vapor cargado de arroz soltouse das súas amarras cando estaba amarrado no peirao de Cádiz, foi arrastrado pola corrente cara á costa e abriuse, soltando todo o seu cargamento. Nesta ocasión, o arroz puido ser salvado con guindastres.

Axuda humanitaria a Etiopía

editar

Na década de 1980, levouse a cabo en Sevilla unha colecta de arroz procedente das Marismas do Guadalquivir, para ser enviado a Etiopía. Unha vez que o barco partiu, os sevillanos non tiveron noticias da chegada deste ao país africano, nin do seu regreso. Este feito popularizou aínda máis o refrán.

O "barco do arroz" de Sanlúcar de Barrameda - Chipiona

editar

O 27 de febreiro de 1994, un barco chipriota cargado con 6080 toneladas de arroz procedente de Bangkok, o Weisshorn, ía penetrar no río Guadalquivir con destino ao porto de Sevilla. Á altura de Chipiona, debido á marea baixa, o barco quedou encallado na plataforma continental, provocando vías de auga. O arroz inflouse coa auga de mar até o punto de abolar as portas metálicas que o gardaban. O barco acabou partíndose en dous e a tripulación fuxiu do barco cara ás costas de Chipiona. Dise que o buque non encallou por accidente, senón que foi o capitán o que o achegou á mantenta á costa, por unha débeda co armador. Outra versión máis oficial apunta a que o barco se atopaba fondeado no día dos feitos fronte ás costas de Sanlúcar á espera de entrar polo río, cando houbo un forte temporal que rompeu a cadea da áncora, e o navío viuse arrastrado polo vento e a ondada até unha zona pouco profunda coñecida como "Baixo Picacho", onde encallou.[3] Os veciños de Sanlúcar e Chipiona sufriron durante máis dun mes un cheiro insoportable provocado pola súa putrefacción.

Este barco pódese ver desde Chipiona, Sanlúcar de Barrameda e a costa do Parque Nacional de Doñana (Huelva), e é coñecido polos aldeáns como o "Barco do arroz".

  1. "más perdido que el barco del arroz"
  2. "El barco del arroz". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 09 de febreiro de 2016. 
  3. ""Weisshorn, barco hundido"". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2015. Consultado o 09 de febreiro de 2016.