Barbuda (moeda)

moeda portuguesa

A barbuda foi unha moeda portuguesa batida durante o reinado de Fernando I de Portugal (1367-1383). No anverso mostra a efixie do rei e no reverso un helmo do que recibe o nome a moeda, xa que os helmos desa clase eran coñecidos como "barbudas".

Era unha moeda de billón que ó primeiro equivalía a unha libra de 20 soldos e, despois de 1371, valía 14 soldos; ó final acabou equivalendo só a 2 soldos e 4 diñeiros.

Ademais de en Portugal labrouse tamén en Galicia, na Real Casa da Moeda da Coruña e nas cecas de Tui e Milmanda durante o tempo que o rei portugués ocupou esas vilas na súa pretensión ó trono castelán[1].

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar